Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2020 Páx. 12831

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2020, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 13 de febreiro de 2020, o tribunal nomeado mediante a Orde do 1 de marzo de 2019 (DOG núm. 48, do 8 de marzo), modificada pola Orde do 12 de marzo de 2019 (DOG núm. 51, do 13 de marzo) e pola Orde do 11 de abril de 2019 (DOG núm. 72, do 12 de abril), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, superaron o terceiro exercicio do proceso selectivo os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez puntos (10 puntos).

Segundo. Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, no lugar onde se realizou a proba e no portal web da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta.gal.

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Declarar a todas as persoas aspirantes que superaron o terceiro exercicio exentas da realización do cuarto exercicio por teren presentado a documentación xustificativa sinalada na base II.1.1.4 da convocatoria.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2020

Vanessa Cal Ríos
Presidenta do tribunal