Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2020 Páx. 12898

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 5 de febreiro de 2020, da Área Provincial de Turismo de Lugo, pola que se notifica a Resolución do 20 de novembro de 2019 ditada no expediente sancionador LU-S-4/2019, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administraciones públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a resolución do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido efectuar a notificación.

Esta resolución non esgota a vía administrativa e contra ela o interesado poderá interpoñer recurso de alzada, perante a directora da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, sen prexuízo de que o interesado poida interpoñer calquera outro que consideren oportuno.

De non presentar recurso no dito prazo, a sanción devirá firme e poderá facerse efectiva en período voluntario nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non é hábil, ata o inmediato hábil seguinte, b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non é hábil, ata o inmediato siguiente. O pagamento realizase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias desta área provincial, a favor do Tesouro da Facenda galega. De no efectuarse o ingreso no citado plazo, procederase á súa exacción pola vía de constriximento, segundo o disposto pola Orden do 23 de novembro de 2001, da Consellería de Economía e Facenda (DOG núm. 235, do 5 de decembro)

Lugo, 5 de febreiro de 2020

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-S-4/2019.

Denunciado: Sirleide Batista Ruas.

Establecemento: café-bar La Plaza.

Enderezo: rúa Vázquez Seco, 60, baixo.

Localidad: Sarria.

Precepto infrinxido: artigo 35.g) da Lei 7/2011.

Tipo de infracción: artigo 109.2.a) da Lei 7/2011.

Calificación: leve.

Resolución: 20 de novembro de 2019.

Sanción: multa de cen euros (100,00 €).