Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 2020 Páx. 13328

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2020, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado por Orde do 1 de marzo de 2018, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do cuarto exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 17 de febreiro de 2020, o tribunal nomeado pola Orde do 1 de marzo de 2019 (DOG núm. 48, do 8 de marzo) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo), adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. De conformidade co establecido na base II.1.1.4 da orde da convocatoria do proceso selectivo, convócanse para a realización do cuarto exercicio María del Pilar Díaz-Pavón Sánchez-Tembleque, con DNI ***2680**, e Ana Carlota Quelle Lloret, con DNI ***8840**, que non acreditaron en prazo posuír o Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (publicada no DOG núm. 146, do 30 de xullo).

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, o cuarto exercicio da oposición terá lugar o 29 de febreiro de 2020, en chamamento único que se inciará ás 11.00 horas, na sala D, no Edificio Administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Se durante a realización do exercicio se constata que alguna persoa aspirante fai uso do material descrito, fala con outro opositor ou copia, o tribunal procederá á súa inmediata expulsión do exame.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2020

Juan José Nieto Montero
Presidente do tribunal