Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 2020 Páx. 13360

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 28 de xaneiro de 2020, da Secretaría Xeral da Emigración, polo que se notifica a resolución da apertura de actuacións previas á entidade galega con número de rexistro CG_0065/2015.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado á entidade citada no anexo sen que fose posible, polo que se lle notifica por medio deste anuncio a resolución da apertura de actuacións previas.

A entidade interesada poderá coñecer o texto íntegro da resolución nas dependencias da Secretaría Xeral da Emigración, praza de Mazarelos, número 15, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

O interesado dispón dun prazo de quince (15) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para alegar o que considere oportuno.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2020

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Interesado: Centro Galego de Londres.

Nº de rexistro: CG_0065/2015.

Acto notificado: Resolución do 10 de outubro de 2019, de apertura de actuacións previas.