Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 2020 Páx. 13393

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de convocatoria para praza de enxeñeiro informático.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 15 do xoves 23 de xaneiro de 2020, publicáronse as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria para o acceso a unha praza vacante de técnico/a superior en Enxeñaría Informática na OEP 2017.

A concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura convocou, mediante Resolución do 13 de xaneiro de 2020, o proceso selectivo para a cobertura dunha praza vacante de técnico/a superior en Enxeñaría Informática da OEP 2017 que a continuación se sinala:

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido do estatuto básico do empregado público: A. Subgrupo A1. Clasificación: escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos superiores. Número de vacantes: 1. Denominación: técnico superior en Enxeñaría Informática.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, publicándose os sucesivos anuncios no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos da Corporación nos termos establecidos nas bases.

Pontevedra, 28 de xaneiro de 2020

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 15.6.2019)
María del Carmen Fouces Díaz
Concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura