Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 2020 Páx. 13394

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tui

ANUNCIO de convocatoria de proceso selectivo para prazas de promoción interna, oferta de emprego público de 2017.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 17 de data 27.1.2020, publicouse anuncio da Resolución da Concellería Delegada de Persoal, do 13.12.2019, polo que se aprobou a convocatoria e as bases xerais e específicas para cubrir por promoción interna as seguintes prazas:

– Unha (1) praza de persoal funcionario de carreira, da escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase persoal de oficios, denominación: encargado oficial de obras mediante concurso-oposición por promoción interna.

– Cinco (5) prazas de persoal funcionario de carreira, da escala de Administración xeral, subescala administrativa, denominación administrativo, mediante concurso-oposición por promoción interna.

As bases da convocatoria tamén se encontran expostas no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Tui (http://concellotui.sedelectronica.gal) e de forma complementaria, na páxina web municipal www.tui.gal

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Tui, 3 de febreiro de 2020

O alcalde
P.D. (Resolución do 24.6.2019, número 2019-0720)
José Ramón Magán Rivera
Concelleiro delegado de Persoal