En cumprimento do disposto no artigo 55.2 da Lei 1/2019, do 22 abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, esta dirección xeral dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 13 de febreiro de 2020, co seguinte texto literal:
«Declarar área de rexeneración urbana de interese autonómico (área Rexurbe) o conxunto histórico de Mondoñedo e unha zona contigua de características similares (rúa Álvaro Cunqueiro e San Roque e parte alta da estrada dos Remedios) conforme a delimitación que se indica no plano anexo».
Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2020
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo