Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 26 de febreiro de 2020 Páx. 13630

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

ANUNCIO do 13 de febreiro de 2020 polo que se dá publicidade da resolución da mesma data pola que se convoca a concurso público unha praza de profesor contratado doutor.

Publicouse a oferta de emprego público para o ano 2019 mediante Resolución do 8 de abril de 2019.

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril); na Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas; no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario; nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), da Xunta de Galicia, e modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro (DOG do 17 de outubro); na Normativa pola que se regula o procedemento para a selección de profesorado contratado doutor, aprobada polo Consello de Goberno na sesión do 30 de abril de 2014, esta reitoría fai público que mediante Resolución do 13 de febreiro de 2020 se convoca un concurso para a provisión dunha praza de profesor contratado doutor da oferta de emprego público do ano 2019.

A información completa (bases da convocatoria, modelo de solicitude, etc.) pode consultarse no taboleiro electrónico oficial da UDC e na páxina web http://www.udc.es/pdi/concursos/concursos_contratacion/.

O prazo de presentación de solicitudes é de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 13 de febreiro de 2020

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 14.1.2020)
Alberto Valderruten Vidal
Vicerreitor de Profesorado e Planificación Docente