Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 26 de febreiro de 2020 Páx. 13629

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2020, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 69, do 7 de abril), pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso.

Na sesión que tivo lugar o día 17 de febreiro de 2020, o tribunal nomeado pola Orde do 31 de maio de 2019 (DOG número 107, do 7 de xuño) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Facer pública, como anexo a esta resolución, a baremación definitiva da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes, de acordo co disposto nas base II.2.4 da convocatoria.

Segundo. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2020

María Regina Losada Trabada
Presidenta do tribunal

Anexo

Puntuacións definitivas obtidas na fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas

NIF

Apelidos e nome

Puntuación base II.2.1

***8099**

Río Mosquera, Luis

32,15

***9906**

Penas López, Mª Belén

29,00