Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 26 de febreiro de 2020 Páx. 13627

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2020, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 69, do 7 de abril), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o día 17 de febreiro de 2020, o tribunal nomeado pola Orde do 31 de maio de 2019 (DOG número 107, do 7 de xuño) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Publicar, como anexo a esta resolución, a relación de aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade.

A base IV.2 da Orde da convocatoria dispón que as persoas aspirantes dispoñen dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución, para presentaren a documentación prevista na citada base.

Segundo. Elevar a dita relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para que elabore a proposta de nomeamento como persoal funcionario de carreira das persoas aspirantes que figuran nela.

Terceiro. De acordo co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada perante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2020

María Regina Losada Trabada
Presidenta do tribunal

Anexo

Relación de aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas

NIF

Apelidos e nome

1º exercicio

2º exercicio

3º exercicio

Fase de concurso

Total

***8099**

Río Mosquera, Luis

19,8

24,07

Exento

32,15

76,02

***9906**

Penas López, Mª Belén

17,8

20,51

Exenta

29,00

67,31