Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 26 de febreiro de 2020 Páx. 13690

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 27 de decembro de 2019 polo que se notifica o acordo de iniciación ditado no expediente sancionador en materia de verteduras de augas residuais (expediente DH.D15.66985).

A persoa titular da Dirección de Augas de Galicia ditou acordo de iniciación do expediente sancionador DH.D15.66985 por infracción da normativa en materia de verteduras de augas residuais.

Intentada a notificación do acordo de iniciación por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícase o acordo de iniciación ditado a Rocket Eventos, S.L. (NIF B-70494380).

Infórmase de que o expediente sancionador se atopa á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, en Santiago de Compostela.

Comunícaselle que en relación co acordo de iniciación, cabe presentar alegacións perante a Área de Verteduras de Augas de Galicia no prazo de quince días contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE. No caso de non presentar alegacións, procederase a ditar proposta de resolución segundo o previsto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2019

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia