A persoa titular da Dirección de Augas de Galicia ditou acordo de iniciación do expediente sancionador DH.D36.67492 por infracción da normativa en materia de verteduras de augas residuais.
Intentada a notificación do acordo de iniciación por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícase o acordo de iniciación ditado á persoa interesada, titular do NIF 35293489-N.
Infórmase de que o expediente sancionador se atopa á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, en Santiago de Compostela.
Comunícaselle que en relación co acordo de iniciación cabe presentar alegacións perante a Área de Verteduras de Augas de Galicia no prazo de quince días contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE. No caso de non presentar alegacións, procederase a ditar proposta de resolución segundo o previsto na normativa vixente.
Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2019
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia