Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 28 de febreiro de 2020 Páx. 14050

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 17 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican diversos expedientes sancionadores por infraccións das persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e despois de tentar a notificación persoal no domicilio que consta nos nosos arquivos, notifícaselles ás persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego que se sinalan no anexo, as comunicacións de inicio ou resolucións do procedemento sancionador por infraccións na orde social. A seguir publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Para o caso de comunicacións de inicio do procedemento sancionador outórgaselles un pazo de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando a documentación que consideren oportuna.

Para o caso de resolucións do procedemento sancionador a resolución sancionadora esgota a vía administrativa e poderá interpoñer, dentro do prazo de trinta (30) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE reclamación administrativa previa, conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social. Contra as resolucións das reclamacións administrativas previas en materia de prestacións da Seguridade Social que esgotan a vía administrativa cabe formular demanda perante o xulgado do social competente, no prazo de dous meses seguintes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica e constancia deste coñecemento, a persoa interesada poderá comparecer debidamente acreditado na oficina de emprego que corresponda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no citado artigo 44, parágrafo segundo da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 17 de febreiro de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado/a

Data infracción

Acto que se notifica

Concello

39510807G

28.11.2019

Inicio procedemento sancionador

Vigo

77405792M

9.8.2019

Inicio procedemento sancionador

Pontevedra

77484748W

11.11.2019

Inicio procedemento sancionador

Vigo

71441745L

12.11.2019

Inicio procedemento sancionador

Cambados

35446808J

24.9.2019

Inicio procedemento sancionador

Cambados

X1615389F

18.11.2019

Inicio procedemento sancionador

Vigo

77400521R

28.10.2019

Inicio procedemento sancionador

Vigo

X8728801W

30.10.2019

Inicio procedemento sancionador

Vigo

Y4964813 R

5.11.2019

Inicio procedemento sancionador

Vigo

Y2060542 D

11.11.2019

Inicio procedemento sancionador

Vigo

36040881L

25.11.2019

Inicio procedemento sancionador

Vigo

36112629F

21.11.2019

Inicio procedemento sancionador

Vigo