Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 5 de marzo de 2020 Páx. 14996

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 14 de febreiro de 2020, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa solicitada pola Confraría de Pescadores Virgen del Carmen de Cabo de Cruz, para a explotación da nave para almacenamento de medios mecánicos da confraría, no dominio público portuario de Cabo de Cruz (expediente 12-52-19-C-1).

Estase a tramitar unha concesión administrativa solicitada pola Confraría de Pescadores Virgen del Carmen de Cabo de Cruz, para a explotación da nave para almacenamento de medios mecánicos da confraría, no dominio público portuario de Cabo de Cruz, de acordo co plano das superficies e bens que configuran as instalacións.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG num. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na Avenida do Porto, nº 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com.

A Coruña, 14 de febreiro de 2020

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro