Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 5 de marzo de 2020 Páx. 14997

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fan públicas as disposicións normativas do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal para a ampliación do Hospital Gran Montecelo.

O Consello da Xunta de Galicia acordou, na súa reunión do 7 de xuño de 2018, anular o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de febreiro de 2012 polo que se aprobaba definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal para o novo hospital de Pontevedra, e declarar o proxecto sectorial para a ampliación do Hospital Gran Montecelo como de incidencia supramunicipal, para os efectos previstos na Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, atribuíndo á Consellería de Sanidade o impulso e tramitación.

Mediante a Resolución do 9 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, someteuse a información pública este proxecto sectorial, pois como sinalan os artigos 25 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia; 13 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriales de incidencia supramunicipal, e a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, os proxectos sectoriales, con todos os documentos que o integran, incluído o estudo ambiental estratéxico, someteranse aos trámites de información pública e daráselles audiencia aos concellos sobre os que incida o proxecto.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 26 de xuño de 2019, aprobou definitivamente este proxecto sectorial e pola Resolución do 16 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, fíxose público este acordo. Non obstante, resulta preciso dar publicidade á anulación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de febreiro de 2012 que aprobaba definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal para o novo hospital de Pontevedra e publicar as disposicións normativas do proxecto sectorial para a ampliación do Hospital Gran Montecelo, de conformidade co previsto no artigo 4 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, a cuxo teor as disposicións normativas dos instrumentos de ordenación do territorio publicaranse no Diario Oficial de Galicia para a súa entrada en vigor.

En consecuencia,

RESOLVO:

1. Dar publicidade ao acordo do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 7 de xuño de 2018, de anular o Acordo do 16 de febreiro de 2012 polo que se aprobaba definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal para o novo hospital de Pontevedra.

Contra este acordo pódese interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación, de conformidade co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

2. Publicar, como anexo a esta resolución, as disposicións normativas do proxecto sectorial para a ampliación do Hospital Gran Montecelo.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2020

María Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos

ANEXO

Normativa do proxecto sectorial

1. Normas xerais.

1.1. Natureza e ámbito.

As presentes ordenanzas regulan o uso do solo e a edificación dentro do ámbito en que se pretende implantar a ampliación do Hospital de Montecelo en Pontevedra, obxecto do presente proxecto sectorial.

O artigo 11.1 do Decreto 80/2000 establece que as determinacións contidas nos proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal terán forza vinculante para as administracións públicas e para os particulares e prevalecerán sobre as determinacións do planeamento urbanístico vixente.

Esta normativa aplícase á superficie total do ámbito do proxecto segundo a delimitación dos planos de ordenación e as áreas ocupadas polas conexións coas infraestruturas.

1.2. Modificación e vixencia.

1. A modificación do proxecto sectorial poderase realizar en calquera momento, como establece o artigo 14 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, seguindo o procedemento definido no artigo 13, con exclusión do trámite previsto no seu punto 1.

2. O proxecto sectorial poderá caducar e extinguir os seus efectos no suposto de que se produza declaración de caducidade por incumprimento dos prazos previstos para o seu inicio ou terminación por causa imputable ao titular das obras, ou que estas sexan interrompidas por tempo superior ao autorizado sen causa xustificada, excepto obtención previa da correspondente prórroga que poderá outorgar a consellería que tramitou o proxecto.

3. A declaración de caducidade corresponderalle ao Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Sanidade e tras o informe da Consellería de Política Territorial e Obras Públicas e audiencia dos interesados.

4. A declaración de caducidade indicará, se é o caso, as determinacións do planeamento urbanístico municipal que deban ser modificadas, as condicións a que queden sometidas as construcións e instalacións xa realizadas e aqueloutras que resulten adecuadas para corrixir ou eliminar os impactos que puideran producirse no medio físico.

1.3. Alcance normativo do documento.

O alcance normativo do proxecto deriva do contido normativo dos documentos urbanísticos que o integran e, en particular, das ordenanzas reguladoras e planos de ordenación.

1.4. Cumprimento da lexislación vixente.

O cumprimento das normas e preceptos contidos nesta normativa non exime da obrigatoriedade de cumprir as restantes disposicións vixentes ou que poidan ser ditadas sobre as distintas materias afectadas en cada caso.

Por se atopar todo o ámbito regulado polo PSIS incluído en zonas e espazos afectados por servidumes aeronáuticas, a execución de calquera construción, instalación, medios necesarios para a construción ou plantación requirirá acordo favorable previo da Agencia Estatal de Seguridad Aérea (AESA).

1.5. Sistema de actuación.

A iniciativa de desenvolvemento e xestión é pública, correspondéndolle á Xunta de Galicia a través da Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde (Sergas).

A actuación desenvolverase por expropiación forzosa correspondendo á Xunta de Galicia, a través do seu organismo autónomo Sergas, a tramitación dos expedientes expropiatorios como Administración actuante. O Sergas actuará como órgano xestor e beneficiario da expropiación.

O expediente expropiatorio iniciarase coa aprobación definitiva e entrada en vigor do presente proxecto sectorial. Este rexirase pola lexislación vixente en materia de expropiación forzosa, o que non excluirá a posibilidade de chegar a acordos na fase de avinza cos propietarios afectados.

1.6. Condicións de volume.

Son as condicións que definen xeometricamente a edificación posible tendo en conta os parámetros empregados.

1.7. Definicións.

Estas definicións axudan a explicar a ordenación proposta e deben entenderse exclusivamente en función desa finalidade.

– Altura máxima da edificación. É aquela que non pode superarse coa edificación. Para a súa regulación emprégase como unidade de medida a distancia vertical en metros desde a cota de referencia e o número de plantas desde o mesmo punto que delimita o volume máximo edificable, que tamén queda determinado graficamente nunhas seccións reguladoras do sólido capaz en cada zona, representados nos planos do PSIS.

– Aproveitamento computable. Edificabilidade considerada para o dimensionado das reservas previstas de zonas verdes seguindo os criterios dimanantes do artigo 41.

– Construcións por enriba da altura máxima de cornixa. Sobre a altura máxima non se permiten outras construcións fóra de chemineas, antenas, instalacións para captación de enerxía solar e instalacións especiais xustificadas pola propia actividade.

– Cota de referencia. Para cada zona ou perímetro regulador fíxase un punto no plano de ordenación cun valor altimétrico en coordenadas UTM 29 7P baseadas no plano topográfico recollido no presente documento.

– Edificabilidade bruta. Superficie construída total nunha ou en varias plantas, sen considerar nese cómputo nin as limitacións nin os criterios de cálculo derivados das prescricións normativas. Neste documento ten valor exclusivamente descritivo.

– Liña límite de edificación. É aquela liña que a futura edificación non pode sobrepasar e vai asociada a unha altura de edificación máxima.

– Planta sobre rasante. Plantas en que o solo se atopa coincidindo ou por enriba da cota de referencia establecida para a medición de alturas.

– Planta baixo rasante. Plantas en que o solo se atopa por debaixo da cota de referencia establecida para a medición de alturas.

– Rasante de referencia. É a cota altimétrica que corresponde co perfil lonxitudinal dunha vía que se adopta como referencia ou do terreo natural.

– Zona de ordenanza. Enténdese por zona de ordenanza aquela grafada no plano de ordenación mediante unha trama de cor e unha liña de delimitación do ámbito, onde se aplica unha ordenanza específica.

2. Condicións de uso.

2.1. Normas xerais.

Son as condicións que regulan as diferentes utilizacións dos terreos e edificacións segundo a actividade que se produza.

Segundo as definicións de usos recollidas no PXOM de Pontevedra, que compartimos neste proxecto sectorial, os usos divídense en tipos segundo a idoneidade da localización:

– Uso dominante.

Aquel de implantación maioritaria na zona.

– Uso complementario.

Vinculado ao dominante como consecuencia da propia lexislación urbanística.

– Uso compatible.

Coexiste co dominante mantendo ambos as súas características.

– Uso prohibido.

Non se autoriza en coexistencia co dominante.

2.2. Clasificación de usos.

Na regulación de usos recollidos no PXOM de Pontevedra descríbese o uso de equipo comunitario como o correspondente ás actividades relacionadas co equipamento e as dotacións de carácter público. No PXOM aparece subdividido en docente e asistencial-cultural. Non se definen pormenorizadamente no artigo 34 do PXOM na clasificación de usos, pero no artigo 92 aparecen listaxes dos tipos de equipamentos comunitarios.

Dentro do equipamento docente: centros docentes para calquera tipo de ensinanza, centros de investigación.

Dentro do equipamento social-asistencial: administrativo, sanitario.

Aínda que no PXOM non se definen, no presente proxecto incluímos unha definición de cada uso.

– Dotacional sanitario.

Correspondente ás actividades de prestación de asistencia médica e servizos sanitarios e hospitalarios.

– Uso docente e investigador.

Actividades formativas, de ensino e investigación relacionadas co uso dominante.

– Uso dotacional administrativo.

Parte do uso dotacional encargado da súa administración, funcións públicas institucionais e a prestación de servizos públicos.

– Uso dotacional asistencial.

As actividades de atención social diferenciada, incluíndo gardaría, centro de día de anciáns ou minusválidos, asilos ou calquera outro de funcións análogas.

Fóra dos usos comunitarios no PXOM, recóllense outros usos que se aplicarán neste proxecto sectorial:

– Uso terciario.

Actividades propias do sector terciario como as de índole comercial de venda e servizos de carácter privado, a venda de mercadorías ao retallo, a prestación de servizos técnicos, informativos, recreativos e outros, tanto de carácter público como privado.

Distingue as seguintes clases:

• Hospedaxe.

• Comercio.

• Oficinas.

• Salas de reunión.

Dentro deste uso aparecen recollidos os locais que se destinan a bares, cafetarías e restaurantes.

– Uso aparcamento.

Área fóra da calzada das vías, destinada especificamente a estacionamento de vehículos. Tamén define como garaxes os espazos cubertos situados a nivel de solo, no subsolo ou nas edificacións, así como as instalacións mecánicas ligadas a estes, destinados á garda de vehículos.

– Espazos libres.

Comprende os espazos destinados á plantación de arboredo e xardinaría (zonas verdes), así como aqueloutros que sin ser verdes están destinados á salubridade, repouso e esparcimento da poboación. Caracterízase pola súa condición de inedificabilidade.

3. Normas comúns de edificación.

A edificación e urbanización no ámbito do proxecto sectorial adecuarase, en xeral, ao establecido neste punto e a maiores, para cada zona, no definido nas normas particulares e planos de ordenación.

Será de aplicación o PXOM nas determinacións que non se detallen no presente documento.

3.1. Superficie edificada computable.

Para os efectos do seu cálculo considérase superficie edificada computable en calquera planta, baixo ou sobre rasante, a proxección horizontal da superficie comprendida dentro do perímetro exterior da planta considerada, incluídos corpos saíntes, miradoiros e terrazas ou balcóns pechados por dous ou tres lados. Non se inclúen:

– Os soportais, os entrepisos técnicos, as pasaxes de acceso a espazos libres públicos, os patios de parcela que non estean cubertos e as superficies baixo cuberta se carecen de posibilidade de uso permanente para persoas ou está destinada a depósitos ou outras instalacións xerais do edificio.

– Os ocos de aparellos elevadores e os condutos ou conxuntos de condutos de ventilación ou aloxamento de instalacións con dimensións superiores a cincuenta (50) decímetros cadrados.

– As plantas baixo rasante dedicadas a garaxe-aparcadoiros e os seus accesos desde a vía pública, ou a instalacións ao servizo do edificio.

3.2. Aproveitamento da parcela.

A actuación proxectada pretende a implantación dun hospital como uso global dominante na parcela. Ademais, prevese a implantación doutros usos dotacionais asociados ao principal para o que quedan delimitadas as súas localizacións no plano de ordenación, e a posibilidade de implantar usos complementarios, tal como se definen nestas normas. A edificabilidade bruta máxima de parcela que se permite o PSIS é de 180.000 m². O aproveitamento computable, conforme a lexislación vixente e os criterios expostos na memoria xustificativa, dá como resultado un valor de 0,80 m²/m².

3.3. Condicións de composición arquitectónica.

A composición arquitectónica dos edificios é libre.

4. Normas particulares de zona.

4.1. Zona DS. Dotación principal.

Comprende as edificacións que se implantarán na zona delimitada no plano de ordenación.

– Usos.

O uso dominante é o sanitario.

Os usos complementarios son:

• Docente e investigador.

• Dotacional administrativo.

• Dotacional asistencial.

• Terciario.

• Aparcamento.

• Espazos libres.

– Zona de ordenanza.

Definida nos planos de ordenación co código dotacional DO.

– Perímetros reguladores.

Definidos nos planos de ordenación.

– Altura máxima da edificación.

Defínense as alturas máximas, delimitadas mediante perímetros reguladores definidos nos planos de ordenación.

Nas áreas ocupadas por prazas de aparcamento en superficie permítese a construción de marquesiñas para sombreado ou mesmo a disposición de instalacións fotovoltaicas ou para protección de zonas de acceso ao edificio.

4.2. Zona VLP. Espazo libre/zona verde/aparcadoiro.

Comprende a zona delimitada no plano de ordenación onde se atopa o maior espazo libre/zonas verdes do ámbito e onde se posibilita o uso aparcadoiro/garaxe, respectando o mínimo de zonas verdes establecido en 12.892,30 m².

– Usos.

O uso definido dominante é o de aparcadoiro compatibilizado co uso de espazos libres/zonas verdes para acadar a superficie mínima prescrita. Ademais admitirase como uso complementario:

• Terciario, nomeadamente, bares, cafetarías e restaurantes.

Na última planta non se permite o uso aparcamento. Admítese só o uso de espazo libre ou o terciario, computable para os efectos da súa consideración como tal no ámbito do PSIS.

– Zona de ordenanza.

Definida nos planos de ordenación co código VLP.

– Perímetros reguladores.

Ademais dos definidos graficamente nos planos de ordenación, establécense os seguintes parámetros reguladores do aparcadoiro cuberto, tendo en conta a condición eventual do deseño das plantas incluídas na documentación do PSIS exclusivamente para os efectos do cómputo das prazas de aparcamento:

• Ocupación (% da superficie en planta en relación coa total do polígono 3).

• Área ocupada máxima de cafetaría (nivel 2): 1.500 m².

• A planta de cuberta do aparcadoiro terá uso público e acceso libre e conforme as exixencias da normativa de accesibilidade. Admítese nela a plantación de especies vexetais destinadas a facilitar o seu uso e mellorar a súa percepción no contexto do conxunto.

Altura máxima da edificación (definida por número de plantas).

• Nº máximo de plantas sobre a cota de referencia: 1 (incluída a cafetaría).

• Nº máximo de plantas baixo rasante: 4 (a cota da rasante está sinalada nos planos de ordenación especificamente).

4.3. Sistema viario.

O proxecto sectorial establece no correspondente plano de ordenación o sistema viario público dentro do seu ámbito, tanto rodado como peonil, definindo xeometricamente a rede viaria co seu trazado en planta e a súa altimetría.

5. Normas de urbanización.

5.1. Rede viaria.

Para calcular a pavimentación terase en conta tanto o grosor das capas de firme como o material que se empregará na capa de rodadura, atendendo ao seu uso e tipo de tránsito. Empregarán en xeral firmes asfálticos, composto a base de mesturas bituminosas en quente (dúas capas). As explanadas sobre as que se asentarán os devanditos firmes serán como mínimo de tipo E2, segundo PG3. Cando as características do terreo non cumpran cos requisitos mínimos deberase ter en conta no proxecto a achega de material de préstamos correspondente.

O tipo de tráfico previsto á hora de realizar o estudo do firme será como mínimo T2. Deberá preverse a drenaxe profunda do viario, sobre todo en casos onde o nivel freático do terreo poida estar próximo á superficie. Utilizaranse tubos-dren lonxitudinais onde proceda.

Os materiais de pavimentación elixiranse de acordo cun código funcional que distinga a categoría do espazo, circulación rodada, peonil, estancia de persoas e de vehículos, uso conxunto de persoas e de vehículos, etc.

A pavimentación de beirarrúas e percorridos peonís resolveranse con materiais que non dificulten a circulación das persoas e dos vehículos de man. Ademais disporán de pavimentos filtrantes para evitar o selado do solo como medida encamiñada a minimizar a impermeabilización do terreo.

As tapas de arquetas, rexistros, etc., orientaranse tendo en conta as xuntas dos elementos do pavimento e nivelaranse no seu plano de tal forma que non resalten sobre el.

As diferenzas de nivel entre distintos pavimentos resolveranse con bordos e outros elementos de separación que definan claramente os seus perímetros.

Deberán instalarse reixas de ventilación de redes e outros elementos subterráneos, e deseñaranse de forma que non supoñan risco.

A pendente transversal mínima será do 0,5 % para facilitar a drenaxe das plataformas. A pendente máxima lonxitudinal será do 10 %, debendo xustificarse convenientemente a utilización de valores superiores.

Os carrís e beirarrúas terán o largo definido en planos, sen sobrelargo en curvas.

Estas condicións de urbanización exixiranse tamén ao viario que se poida prever sobre edificacións.

5.2. Obras que afectan servizos públicos.

Se as obras que se executan afectasen servizos de carácter xeral ou público, o promotor comunicarao por escrito ás empresas correspondentes ou entidades administrativas, con oito días de antelación ao seu comezo. Nese prazo, as empresas ou entidades deberán tomar as medidas oportunas para evitar danos propios ou a terceiros, do que serán responsables desde a finalización do prazo anteriormente mencionado.

O promotor queda obrigado a protexer debidamente a zona de servizos durante as obras cunha lousa de formigón, ou elementos similares de suficiente resistencia, que garantan a continuidade e seguridade de todos os servizos afectados.

5.3. Provisión de materiais e entullos e prevención de especies invasoras.

Os entullos e almacenaxe de materiais non poderán depositarse na vía pública, nin apoiados nos valados ou muros de peche.

Os movementos de terra previstos nas distintas fases de obra deberán adoptar medidas dirixidas a previr ou evitar o establecemento e propagación de especies vexetais invasoras no ámbito de actuación, para o cal o proxecto de construción que proxecte estas obras deberá fixar as consideracións oportunas para tal efecto.

5.4. Estadas e materiais auxiliares.

Todas as estadas e materiais auxiliares da construción deberán executarse baixo a dirección facultativa competente e estarán provistos das precaucións necesarias para evitar que os materiais e ferramentas de traballo poidan caer á rúa, en que se colocarán os sinais de precaución que en cada caso sexan convenientes.

En toda clase de construción, incluíndo o uso da súa maquinaria auxiliar, gardaranse as precaucións de seguridade no traballo exixidas pola lexislación vixente en cada momento sobre a materia.

5.5. Valado das obras.

En ningún caso se permitirá o remate de valos con elementos que poidan causar lesións a persoas e animais.

Cando pola execución de obras no ámbito do proxecto sectorial sexa necesario dispor de valados, utilizaranse, en todo o seu perímetro, elementos de altura comprendida entre 2,00 e 3,00 m, fabricados con materiais que garantan a súa estabilidade e conservación en bo estado e teñan un acabado acorde ou, cando menos, non disonante co seu contorno.

5.6. Pavimentos e especies vexetais.

Nos espazos libres e percorridos peatonais disporanse pavimentos filtrantes para evitar o selado do solo como medida encamiñada a minimizar a impermeabilización do terreo. Os espazos libres alternarán os mencionados pavimentos con espazos verdes ou pavimentaranse para favorecer a infiltración ao terreo.

As plantacións vexetais que se realizan tanto en zonas verdes ou espazos libres como en áreas libres doutras zonas de ordenanza serán con especies autóctonas.

Preverase a posibilidade de facer plantacións na planta de cuberta do aparcadoiro que se situará no polígono 3 co fin de mellorar as posibilidades estanciais deste espazo libre de acceso público. O forxado terá as dimensións suficientes tanto para soportar esa sobrecarga como para permitir o desenvolvemento de raíces, estimando unha profundidade mínima da capa de terra vexetal en 50 cm.

5.7. Mobilidade.

Teranse en conta as previsións recollidas no estudo de mobilidade, que deben desenvolverse nun plan de mobilidade de empresa, que fomente os modos de transporte sustentables alternativos ao automóvil.

5.8. Accesibilidade.

Teranse en conta as previsións necesarias para evitar barreiras arquitectónicas e urbanísticas, de maneira que as persoas con mobilidade reducida vexan facilitado o acceso directo aos espazos e edificacións públicas, de acordo coa normativa vixente sobre accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas. No nivel de desenvolvemento que admite o PSIS quedan xa fixadas determinadas prescricións, que se citan seguidamente (entre parénteses os valores exixidos pola normativa vixente), sendo as restantes obxecto de definición polo proxecto de urbanización:

– Largo das beirarrúas: 2,50 m (> 1,80 m).

– Inexistencia de chanzos illados ou resaltes.

– Pendente lonxitudinal máxima das beirrúas: 3,25 % (< 6 %).

5.9. Patrimonio cultural.

Na planimetría que acompaña este proxecto sectorial aparecen identificados os elementos catalogados do patrimonio cultural que se atopan no contorno próximo, coa súa zona de protección integral e zona de cautela, en especial a explotación aurífera vinculada ao castro da Raxeira.

Establecerase unha medida correctora xenérica na banda perimetral dos 200 m do ámbito de afección do PSIS para protexer os restos dunha canle da explotación aurífera na zona SE e distintos elementos do patrimonio construído situados nos núcleos rurais da contorna da parroquia de Mourente (Freixeiro, Barcia), localizados dentro de parcelas privadas ou en recantos das pistas asfaltadas, motivo polo cal a súa integridade non debe ser afectada directa ou indirectamente polas obras, polo que se establece unha medida de carácter preventivo limitada a que os distintos axentes implicados nas obras coñezan a súa localización, polo que se debe sinalizar axeitadamente na cartografía de obra e aplicar as prescricións do estudo de mobilidade anexado a este PSIS, polo que as novas infraestruturas non poderán afectar ou alterar as dinámicas de uso e as características dos núcleos tradicionais da contorna.

Ao mesmo tempo, identifícanse no informe de prospección arqueolóxica unha relación de elementos de certo valor patrimonial, fóra do ámbito de actuación do proxecto, que deben considerarse como obxecto dunha cautela específica por parte do organismo supervisor das licenzas de obra que se outorguen na superficie regulada polo presente PSIS.

6. Condicións ambientais e hixiénicas.

6.1. Control do consumo de enerxía.

Conforme o prescrito no Plan de ordenación do litoral, no seu artigo 24, as infraestruturas de produción, distribución e transporte da enerxía deberán optimizar a súa integración no territorio. No caso das novas infraestruturas que deban planificarse, así como a reconversión, ampliación ou mellora das xa existentes, a súa localización ou percorrido deberá prever e evitar os posibles efectos negativos sobre o territorio. Para iso terá en conta os valores establecidos no POL e demais normativa de aplicación.

No referente ás infraestruturas existentes, procurarase o seu tratamento de integración paisaxística con especial atención a aqueles espazos que pola súa significación e valor patrimonial, ambiental ou paisaxístico se considere necesario para o mantemento dos seus valores. Nestes casos, procurarase o soterramento dos seus tendidos aéreos.

Debe estudarse a conveniencia de que as infraestructuras e edificación conten con solucións técnicas que leven consigo un maior aforro de enerxía, adoptando criterios de arquitectura sustentable, entre outros, emprego de criterios de orientación, circulacións naturais de aire, ou deseño de elementos de captación e rexeitamento solar pasivo, cumprindo prestacións máis exixentes que as establecidas no CTE e demais normativa de aplicación.

Así mesmo, promoverase a mellora da eficiencia e o aforro enerxético das instalacións de alumeado exterior e limitarase a contaminación lumínica segundo o Real decreto 1890/2008, do 14 de novembro.

6.2. Ciclo de materiais.

Os proxectos incorporarán as accións e determinacións necesarias para promover a integración dos obxectivos e medidas previstas tendentes á redución do consumo de materiais e de produción de residuos (4.9.5 das DOT). Entre outras medidas, teranse en conta:

– Reducir os movementos de terras e incluír medidas de xestión das terras e das súas verteduras.

– Selección de materiais de baixo impacto: limpos, renovables, reciclados, reciclables, de baixo contido enerxético, ou mesmo con certificación C2C Cradletocradle.

– Redución de uso de materiais: peso e volume.

– Optimización das técnicas de produción: técnicas alternativas, redución de fases de produción, menor consumo enerxético, consumo enerxías renovables, menor produción de residuos, menor consumo de produtos.

– Optimización da vida media: duración, fiabilidade, fácil mantemento e reparación, modulación.

– Optimización do fin de vida do produto: reutilización, fácil restauración, reciclado tratamento seguro de residuos.

– Dimensionar e localizar os espazos necesarios para os sistemas de recollida selectiva de residuos.

A regulación da xestión dos residuos procedentes da actividade sanitaria co fin de prever os riscos que a dita xestión xera nas instalacións e actividades que se desenvolvan no ámbito deberá axustarse ao disposto na lexislación vixente en materia de residuos que se recolle en detalle no punto da normativa do proxecto sectorial.

6.3. Protección da atmosfera.

Segundo o artigo 26 do Plan de ordenación do litoral (POL) que afecta boa parte da delimitación do PSIS, a planificación das actividades e infraestruturas emisoras de calquera tipo de contaminación atmosférica: físico-química, acústica, luminosa ou electromagnética, deberá priorizar á hora da súa localización a prevención e a minimización dos posibles efectos sobre a saúde da poboación e sobre a funcionalidade dos sistemas naturais, fronte ao establecemento de medidas correctoras, mitigadoras ou compensatorias.

Deberanse identificar as fontes de contaminación atmosférica existentes e realizar unha aproximación ao seu comportamento para que, por unha banda, se teñan en conta na planificación de novas actividades ou infraestruturas emisoras e evitar posibles efectos acumulativos ou sinérxicos; e, por outro, se poidan establecer as medidas correctoras, amortecedoras ou compensatorias que correspondan. Neste sentido, o plan poderá adoptar, entre outras, as seguintes medidas:

a) Conservación e creación de masas forestais e espazos verdes, co obxecto de mellorar a calidade do ambiente, en particular nas bandas limítrofes coas grandes infraestruturas de comunicación, eléctricas e outras, establecendo corredores verdes intermedios.

b) Establecemento de bandas de protección entre as zonas habitadas ou especialmente sensibles e os focos de emisión de calquera tipo de contaminación atmosférica, establecendo os usos, actividades e instalacións de maneira compatibles a esa situación.

c) Prevención e minoración, se for o caso, das perturbacións producidas polos focos emisores de contaminación lumínica na visión do ceo, procurando o mantemento das condicións naturais de luminosidade das horas nocturnas, en beneficio da funcionalidade dos sistemas naturais.

d) Asunción dos criterios xerais de ordenación sobre mobilidade, especialmente das consideracións referidas ao fomento de modos alternativos ao vehículo privado motorizado, para a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro.

e) Neste punto específico atenderase ao que propón o estudo de mobilidade adxunto a este proxecto sectorial.

As exixencias que se establezan para o exercicio das actividades a que se refire esta ordenanza serán controladas a través da correspondente autorización municipal. As actividades autorizadas estarán suxeitas á vixilancia por parte da Administración.

A instalación, autorización e funcionamento das actividades potencialmente contaminantes, axustarase ao disposto na lexislación vixente:

– Lei 8/2002 de Galicia, do 18 de decembro, de protección do ambiente atmosférico de Galicia.

– Lei 12/1995 de Galicia, do 29 de decembro, do imposto sobre contaminación atmosférica.

– Decreto 29/2000 de Galicia polo que se aproba o Regulamento do imposto sobre a contaminación atmosférica.

– Orde do 27 de novembro de 2001 de Galicia pola que se aproba o Regulamento do imposto de contaminación atmosférica e se aproban diferentes modelos de declaración e de declaración liquidación.

– Decreto 2414/1961, do 30 de novembro de 1961, polo que se aproba o Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas.

– Lei 38/1972, do 22 de decembro, de protección do ambiente atmosférico.

– Decreto 833/75, do 6 de febreiro, polo que se desenvolve a Lei 38/1972 de protección do ambiente atmosférico.

– Real decreto 547/1979, do 20 de febreiro, sobre modificación do anexo IV do Decreto 833/1975, do 6 de febreiro, polo que se desenvolve a Lei de protección do ambiente atmosférico.

– Orde do 18 de outubro de 1976 de prevención e corrección da contaminación atmosférica industrial.

– Real decreto 1321/1992 de modificación do Real decreto 1613/1985 que establece valores de calidade para o dióxido de xofre e os fumes negros.

– Real decreto 108/1991, do 1 de febreiro, sobre a prevención e redución da contaminación do ambiente producida polo amianto.

– Real decreto 646/1991, do 22 de abril, sobre limitación de emisións á atmosfera de determinados axentes contaminantes procedentes de grandes instalacións de combustión.

– Real decreto 117/2003, do 31 de xaneiro, sobre limitación de emisións de compostos orgánicos volátiles debidos ao uso de disolventes en determinadas actividades.

– Real decreto 1073/2002 sobre avaliación e xestión da calidade do aire en relación con dióxidos de xofre e de nitróxeno, óxido de nitróxeno, partículas, chumbo, benceno e monóxido de carbono.

– Real decreto 117/2003, do 31 de xaneiro, sobre limitación de emisións de compostos orgánicos volátiles debido ao uso de disolventes en determinadas actividades.

– Real decreto 430/2004, do 12 de marzo, polo que se establecen novas normas sobre limitación de emisións á atmosfera de determinados axentes contaminantes procedentes de grandes instalacións de combustión, e se fixan certas condicións para o control das emisións á atmosfera das refinarías de petróleo.

– Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación.

6.4. Augas residuais.

A producción de vertedura á rede de saneamento de augas pluviais ou fecais por parte das instalacións e actividades que se desenvolvan no ámbito do proxecto sectorial deberá axustarse ao disposto na lexislación vixente en materia de vertedura e protección ambiental de leitos e, en xeral, do dominio público hidráulico:

– Decreto 16/1987 (Galicia), do 14 de xaneiro, de deseño técnico do Plan hidrolóxico das bacías intracomunitarias de Galicia.

– Lei 8/1993, do 23 de xuño , reguladora da Administración hidráulica de Galicia.

– Lei 8/2001, do 2 de agosto, de protección da calidade das augas das rías de Galicia e de ordenación do servicio público de depuración de augas residuais urbanas.

– Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación.

– Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, que desenvolve a Lei de augas.

– Real decreto 927/1988, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da administración pública da auga e da planificación hidrolóxica, o desenvolvemento dos títulos II e III da Lei de augas.

– Real decreto 1315/1992, do 30 de outubro, polo que se modifica parcialmente o Regulamento do dominio público hidráulico aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, co fin de incorporar á lexislación interna a Directiva do Consello 80/68/CEE, do 17 de decembro de 1979, relativa á protección das augas subterráneas contra a contaminación causada por determinadas substancias perigosas.

– Real decreto 484/1995, do 7 de abril, sobre medidas de regularización e control de vertedura.

– Real decreto lei 11/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas aplicables ao tratamento das augas residuais urbanas.

– Real decreto 509/1996, do 15 de marzo, de desenvolvemento do Real decreto lei 11/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas aplicables ao tratamento das augas residuais urbanas.

– Real decreto 2116/1998, do 2 de outubro, polo que se modifica o Real decreto 509/1996, do 15 de marzo, de desenvolvemento do Real decreto lei 11/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas aplicables ao tratamento das augas residuais urbanas.

– Real decreto 995/2000, do 2 de xuño, polo que se fixan obxectivos de calidade para determinadas substancias contaminantes e se modifica o Regulamento de dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril.

– Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas.

– Real decreto 606/2003, do 23 de maio, polo que se modifica o Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, que desenvolve os títulos preliminares, I, IV, V, VI e VIII da Lei 29/1985, do 2 de agosto, de augas.

– Modificacións do texto refundido da Lei de augas, aprobadas polo Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo.

– Orde MAM/985/2006, do 23 de marzo, pola que se desenvolve o réxime xurídico das entidades colaboradoras da administración hidráulica en materia de control e vixilancia de calidade das augas e de xestión das verteduras ao dominio público hidráulico.

– Real decreto 1620/2007, do 7 de diciembre, polo que se establece o réxime xurídico da reutilización das augas depuradas.

Calquera modificación dos termos referidos exixirá solicitar novamente o permiso de vertedura.

Queda totalmente prohibido descargar directa ou indirectamente, á rede de saneamento pluvial ou fecal, os produtos que determine a lexislación vixente e especificamente calquera dos seguintes:

– Residuos explosivos.

Os sólidos, líquidos, gases ou vapores que por razón da súa natureza ou cantidade sexan ou poidan ser suficientes, por eles ou en presenza doutras medicións sucesivas efectuadas cun explosímetro no punto de descarga da vertedura ou sistema integral de saneamento, para indicar valores superiores ao 5 % do límite inferior de explosividade. Prohíbense expresamente os gases procedentes de motores de explosión, gasolina, queroseno, nafta, benceno, tolueno, xileno, éteres, tricloroetileno, aldehidos, cetonas, peróxidos, cloratos, percloratos, bromuros, carburos, hidruros, nitruros, sulfuros, disolventes orgánicos inmiscibles en auga e aceites volátiles.

– Residuos sólidos e viscosos.

Os que provoquen ou poidan provocar obstrucións con fluxo do sistema integral de saneamento ou que poidan interferir no transporte de augas residuais. Inclúense os seguintes: graxas, tripas, tecidos, ovos, pelos, peles, carnazas, sangue, cinza, escoura, áreas, cal apagado, residuos de formigón e argamasa ou aglomerantes hidráulicos, fragmentos de pedras, mármores, metais, vidro, labra, recortes de céspede, trapos, lúpulo, refugallos de papel, madeiras, plástico, alcatrán, así como residuos de produtos do alcatrán procedentes de operacións de refino e destilación, residuos asfálticos e de procesos de combustión, aceites lubricantes usados, minerais ou sintéticos, incluíndo auga-aceite, emulsións, axentes escumantes e, en xeral, todos aqueles sólidos de calquera procedencia con tamaño superior a 1,5 cm en calquera das súas tres dimensións.

– Materiais colorantes.

Sólidos, líquidos ou gases tales como: tintas, vernices, lacas, pinturas, pigmentos e demais productos afíns que, incorporados ás augas residuais, as colorea de tal forma que non se poidan eliminar por ningún dos procesos de tratamento usuais que se empregan nas estacións depuradoras de augas residuais.

– Residuos corrosivos.

Sólidos, líquidos, gases ou vapores que provoquen corrosión ao longo do sistema integral de saneamento, tanto en equipos como en instalacións, capaces de reducir considerablemente a vida útil destes ou producir avarías. Inclúense os seguintes: ácidos, clorhídrico, nítrico, sulfúrico, carbónico, fórmico, acético, láctico e butírico, lixivia de solano ou potasio, hidróxido de amonio, carbonato sódico, augas de moi baixo sal e gases coma o sulfuro de hidróxeno, clorofloruro de hidróxeno, dióxido de carbono, dióxido de xofre e todas as substancias que reaccionando coa auga formen solucións corrosivas como os sulfatos ou cloruros.

– Residuos tóxicos e perigosos.

Sólidos, líquidos ou gases, industriais ou comerciais, que polas súas características tóxicas ou perigosas requiran o tratamento específico e/ou control periódico dos seus potenciais efectos nocivos.

– Residuos nocivos.

Residuos que produzan gases nocivos na atmosfera da rede de sumidoiros, colectores e/ou emisarios en concentracións superiores aos límites seguintes:

• Cloro (Cía): 1 cm³/m³ de aire.

• Ácido sulfhídrico: 20 cm³/m³ de aire.

• Ácido cianhídrico: 10 cm³/m³ de aire.

As medicións e determinacións serán realizadas baixo a supervisión técnica do Concello e a cargo da propia instalación. As determinacións realizadas deberán remitirse ao Concello, ao seu requirimento ou coa frecuencia e forma que se especifique na licenza de actividade. En todo caso, esta análise estará á disposición dos técnicos municipais, responsables da inspección e control das verteduras para o seu exame cando se produza. Por outra parte, o Concello poderá facer as súas propias determinacións cando así o considere oportuno.

Toda instalación que produza vertedura de augas residuais non domésticas terá que colocar e pór á disposición dos servizos técnicos municipais, para os efectos da determinación da carga contaminante, os seguintes dispositivos:

– Arqueta de rexistro, que estará situada en cada cloaca de descarga das verteduras residuais, de fácil acceso, libre de calquera interferencia e localizada augas abaixo antes da descarga á rede. Terán que enviarse á Administración planos de situación da arqueta e de aparatos complementarios para a súa identificación e censo.

– Medición de caudais. Cada arqueta de rexistro disporá dos correspondentes dispositivos para poder determinar os caudais de augas residuais.

– No caso de existir pre-tratamentos individuais ou colectivos legalmente autorizados, terá que instalarse na saída dos afluentes depurados unha arqueta de rexistro coas mesmas condicións referidas en parágrafos anteriores.

Os servicios técnicos municipais efectuarán periodicamente ou por instancia dos usuarios, inspeccións e controis das instalacións de verteduras de augas residuais.

6.5. Xestión de residuos inertes (fase de construción).

Co obxecto de reducir a produción de residuos inertes durante a execución das obras adoptaranse as seguintes medidas durante a fase de construción dos edificios:

– Fomentar prácticas de formación ambiental entre os traballadores.

– Xestionar os residuos de forma que se facilite a súa recuperación.

– Separar os residuos e acondicionar un colector específico para cada tipo, fomentando a recollida selectiva desde o punto de orixe.

– Realizar o transporte e xestión dos residuos a través de transportistas e xestores autorizados.

– Propiciar a xestión de residuos a través de bolsas de subprodutos.

– Elixir elementos que posúan maior aptitude para ser reciclados.

– Reutilizar materiais de entullos e derrubamentos.

– Depositar en vertedoiros autorizados os residuos inertes que non poidan recibir tratamento.

6.6. Xestión de residuos perigosos (fase de construción).

Co obxecto de reducir a produción de residuos perigosos durante a execución das obras adoptaranse as seguintes medidas durante a fase de construción das edificacións previstas no ámbito ordenado polo presente proxecto sectorial:

– Fomentar prácticas de formación ambiental entre os traballadores.

– Xestionar os residuos de forma que se facilite a súa recuperación.

– Separar os residuos e acondicionar un colector específico para cada tipo, fomentando a recollida selectiva desde o punto de orixe.

– Acondicionar zonas para o almacenamento temporal dos residuos perigosos que eviten derramo, verteduras e mesturas entre residuos.

– Realizar a correcta etiquetaxe dos residuos almacenados, indicando o seu grao de perigosidade.

– Realizar o transporte e xestión dos residuos a través de transportistas e xestores autorizados.

– Usar pinturas e tintas con compoñentes naturais, evitando as baseadas en disolventes e substituíndoas por outras con base de auga.

6.7. Xestión de residuos inertes (fase de explotación).

Co obxecto de reducir a produción de residuos inertes durante a fase de explotación procedentes da actividade do hospital ou das edificacións previstas no ámbito ordenado polo presente proxecto sectorial, adoptaranse as seguintes medidas:

– Fomentar prácticas de formación ambiental entre os traballadores.

– Xestionar os residuos de forma que se facilite a súa recuperación.

– Separar os residuos e acondicionar un colector específico para cada tipo, fomentando a recolleita selectiva desde o punto de orixe.

– Realizar o transporte e xestión dos residuos a través de transportistas e xestores autorizados.

6.8. Xestión de residuos perigosos (fase de explotación).

Co obxecto de reducir a produción de residuos perigosos durante a fase de explotación procedentes da actividade do hospital ou das edificacións previstas no ámbito ordenado polo presente proxecto sectorial, adoptaranse as seguintes medidas:

– Fomentar prácticas de formación ambiental entre os traballadores.

– Xestionar os residuos de forma que se facilite a súa recuperación.

– Separar os residuos e acondicionar un colector específico para cada tipo, fomentando a recollida selectiva desde o punto de orixe.

– Acondicionar zonas para o almacenamento temporal dos residuos perigosos que eviten derramo, verteduras e mesturas entre residuos.

– Realizar a correcta etiquetaxe dos residuos almacenados, indicando o seu grao de perigosidade.

– Realizar o transporte e xestion dos residuos a través de transportistas e xestores autorizados.

6.9. Xestión de residuos hospitalarios especiais (fase de explotación).

Co obxecto de reducir a produción de residuos hospitalarios especiais durante a fase de explotación procedentes da actividade do hospital ou das edificacións previstas no ámbito ordenado polo presente proxecto sectorial e sobre os que non se poden formular obxectivos de redución de cantidade, adoptaranse as seguintes medidas:

– Fomentar prácticas de formación en materia de clasificación de residuos e os envases axeitados.

– Sensibilización e adestramento sobre a correcta xestion de residuos hospitalarios especiais.

– Existirán protocolos de xestión interna destes residuos.

– Estudar a localización e dimensións dos almacéns temporais de residuos, garantir a súa limpeza e ventilación.

6.10. Emisións acústicas.

A instalación, autorización e funcionamento das actividades potencialmente contaminantes, axustarase ao disposto na lexislación vixente:

– Decreto 2414/1961, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas.

– Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído.

– Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica.

– Decreto 150/1999, do 7 de maio, polo que se aproba o Regulamento de protección contra a contaminación acústica.

– Decreto 320/2002, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento que establece as ordenanzas tipo sobre protección contra a contaminación acústica.

– Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación.

– Real decreto 212/2002, polo que se regulan as emisións sonoras no contorno debidas a determinadas máquinas ao aire libre.

As condicións acústicas exixibles aos diversos elementos construtivos que componen a edificación serán as determinadas na normativa e aplicación vixente.

6.10.1. Zonificación acústica.

En cumprimento do Real decreto 1367/2007, do 19 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, no referente á zonificación acústica, obxectivos de calidade e emisións acústicas, recóllese no plano correspondente a zonificación con base no establecido no artigo 5 e anexo V.

Delimítanse as seguintes áreas:

– Área acústica de tipo A). Neste tipo están incluídos os parques urbanos, xardíns, zonas verdes.

– Área acústica de tipo D). Espazos destinados á hostalaría, incluíndo as áreas de estacionamento de automóbiles.

– Área acústica de tipo E). Zonas do territorio destinadas a usos sanitarios que requiran especial protección contra la contaminación acústica, tales como as zonas residenciais de repouso ou xeriatría, e as grandes zonas hospitalarias con pacientes ingresados.

6.10.2. Obxectivos de calidade acústica.

De acordo co anexo II, deben cumplirse os obxectivos de calidade acústica segundo as táboas A e B.

Táboa A.

Tipo de área acústica

Índices de ruído

LD

LE

LN

e

Sectores do territorio con predominio de solo de uso sanitario, docente e cultural que requira unha especial protección contra a contaminación acústica

60

60

50

a

Sectores do territorio con predominio de solo de uso residencial

65

65

55

d

Sectores do territorio con predominio de solo de uso terciario distinto do previsto en c)

70

70

65

c

Sectores do territorio con predominio de solo de uso recreativo e de espectáculos

73

73

63

b

Sectores do territorio con predominio de solo de uso industrial

75

75

65

f

Sectores do territorio afectados a sistemas xerais de infraestruturas de transporte, ou outros equipamentos públicos que os reclamen (1)

(2)

(2)

(2)

(1) Nestes sectores do territorio adoptaranse as medidas adecuadas de prevención da contaminación acústica, en particular mediante a aplicación das tecnoloxías de menor incidencia acústica de entre as mellores técnicas dispoñibles, de acordo coa alínea a), do artigo 18.2 da Lei 37/2003, do 17 de novembro.

(2) No límite perimetral destes sectores do territorio non se superarán os obxectivos de calidade acústica para ruído aplicables ao resto de áreas acústicas lindeiras con eles.

Polo tanto, para a zona afectada polo presente PSIS os valores serán:

Obxectivos de calidade acústica aplicables a áreas urbanizadas existentes

LD

LE

LN

E1: área do hospital existente

60

60

60

Ámbitos de uso residencial do contorno do PSIS

65

65

55

Ámbitos de uso docente do contorno do PSIS

60

60

50

Obxectivos de calidade acústica aplicables ao resto de áreas urbanizadas

LD

LE

LN

Resto de áreas

55

55

45

Táboa B.

Obxectivos de calidade acústica para ruído aplicables ao espazo interior habitable de edificacións destinadas a vivenda, usos residenciais, hospitalarios, educativos ou culturais (1).

Uso do edificio

Tipo de recinto

Índice de ruído

LD

LE

LN

Vivenda ou uso residencial

Estancias

45

45

35

Dormitorios

40

40

30

Hospitalario

Zonas de estancia

45

45

35

Dormitorios

40

40

30

Educativo ou cultural

Aulas

40

40

40

Salas de lectura

35

35

35

(1) Os valores da táboa B refírense aos valores do índice de inmisión resultantes do conxunto de emisores acústicos que inciden no interior do recinto (instalacións do propio edificio, actividades que se desenvolven no propio edificio ou lindeiros, ruído ambiental transmitido ao interior).

Nota: os obxectivos de calidade aplicables no espazo interior están referenciados a unha altura de entre 1,2 m e 1,5 m.

Táboa C.

Obxectivos de calidade acústica para vibracións aplicables ao espazo interior habitable de edificacións destinadas a vivenda, usos residenciais, hospitalarios, educativos ou culturais.

Uso do edificio

Índice de vibración Law

Vivenda ou uso residencial

75

Hospitalario

72

Educativo ou cultural

72

6.10.3. Valores límite de inmisión.

De acordo co anexo III, non se podrán superar os valores de inmisión das táboas A1, B1 e B2.

Táboa A1. Valores límite de inmisión de ruído aplicables a novas infraestruturas viarias, ferroviarias e aeroportuarias.

Tipo de área acústica

Índices de ruído

LD

LE

LN

e

Sectores do territorio con predominio de solo de uso sanitario, docente e cultural que requira unha especial protección contra a contaminación acústica

55

55

45

a

Sectores do territorio con predominio de solo de uso residencial

60

60

50

d

Sectores do territorio con predominio de solo de uso terciario distinto do previsto en c)

65

65

55

c

Sectores do territorio con predominio de solo de uso recreativo e de espectáculos

68

68

58

b

Sectores do territorio con predominio de solo de uso industrial

70

70

60

Táboa B1. Valores límite de inmisión de ruído aplicables a infraestruturas portuarias e a actividades:

Tipo de área acústica

Índices de ruído

LD

LE

LN

e

Sectores do territorio con predominio de solo de uso sanitario, docente e cultural que requira unha especial protección contra a contaminación acústica

50

50

40

a

Sectores do territorio con predominio de solo de uso residencial

55

55

45

d

Sectores do territorio con predominio de solo de uso terciario distinto do previsto en c)

60

60

50

c

Sectores do territorio con predominio de solo de uso recreativo e de espectáculos

63

63

53

b

Sectores do territorio con predominio de solo de uso industrial

65

65

55

Polo tanto, para a zona afectada polo presente PSIS os valores serán:

Valores de inmisión aplicables a novas actividades

LD

LE

LN

E1: área do nova ampliación do hospital

55

55

45

D1: uso de aparcamentos e cafetaría

65

65

55

A1: uso de zonas verdes e espazos libres

60

60

50

Táboa B2. Valores límite de ruído transmitido a locales colindantes por actividades.

Uso do local colindante

Tipo de recinto

Índice de ruído

LD

LE

LN

Residencial

Zona de estancias

40

40

30

Dormitorios

35

35

25

Administrativo e de oficinas

Despachos profesionais

35

35

35

Oficinas

40

40

40

Sanitario

Zonas de estancia

40

40

30

Dormitorios

35

25

25

Educativo ou cultural

Aulas

30

35

35

Salas de lectura

30

30

30

6.11. Residuos urbanos.

Para os efectos da presente norma, entenderanse por residuos urbanos os xerados dentro do ámbito, así como todos aqueles que non teñan a cualificación de perigosos e que pola súa natureza ou composición poidan asimilarse aos producidos nos anteriores lugares ou actividades.

Terán tamén a consideración de residuos urbanos os seguintes:

– Residuos procedentes da limpeza de vías públicas, zonas verdes e áreas recreativas.

– Residuos e entullos procedentes de obras menores de construción e reparación.

Para calquera aclaración sobre a terminoloxía destas ordenanzas, aplicaranse as definicións que establece a Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos, e o Real decreto 1481/2001, do 27 de decembro, polo que se regula a eliminación de residuos mediante depósito en vertedoiro.

A produción, xestión e transporte dos residuos nas instalacións e actividades que se desenvolvan no ámbito deberán axustarse ao disposto na lexislación vixente en materia de residuos:

– Orde do 15 de xuño de 2006 pola que se desenvolve o Decreto 174/2005, do 9 de xuño, polo que se regula o réxime xurídico da produción e xestión de residuos e o Rexistro Xeral de Productores e Xestores de Residuos de Galicia.

– Orde do 14 de marzo de 2006 pola que se desenvolve o Decreto 164/2005, do 16 de xuño, polo que se regulan e determinan as oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, se crea o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia e se regula a atención ao cidadán.

– Decreto 174/2005, do 9 de xuño, polo que se regula o réxime xurídico da produción e xestión de residuos e o Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia.

– Lei 10/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos urbanos de Galicia.

– Decreto 154/1998, do 28 de maio, polo que se publica o catálogo de residuos de Galicia.

– Resolución do 28 de outubro de 1998, sobre o Plan de xestión de RSU de Galicia.

– Decreto 298/2000, do 7 de decembro, polo que se regula a autorización e notificación de produtor e xestor de residuos de Galicia e se crea o Rexistro Xeral.

– Orde do 11 de maio de 2001 pola que se regula o contido básico dos estudos de minimización da produción de residuos perigosos.

– Decreto 352/2002, que regula a produción de residuos de construción e demolición.

– Lei 7/2002, do 27 de decembro, de medidas fiscais e réxime administrativo en residuos sólidos urbanos.

– Decreto 221/2003, do 27 de marzo, polo que se establece un réxime simplificado no control de traslado dos residuos perigosos producidos por pequeños produtores de residuos.

– Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación.

– Real decreto 833/1988, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 20/1986, do 14 de maio, básica de residuos tóxicos e perigosos.

– Orde do 28 de febreiro de 1989 sobre xestión de aceites usados.

– Orde do 13 de xuño de 1990 pola que se modifica a Orde do 28 de febreiro de 1989 pola que se regula a xestión de aceites usados.

– Orde do 28 de outubro de 1992 pola que se amplía o ámbito de aplicación da Orde do 31 de outubro de 1989.

– Real decreto 1771/1994 polo que se modifica o Real decreto 833/1988, do 20 de xullo.