Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 5 de marzo de 2020 Páx. 14880

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

EXTRACTO da Resolución do 3 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes da Resolución do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións correspondentes a programas de actuación en favor das entidades galegas no exterior para o exercicio 2020 (código de procedemento PR924B).

BDNS (Identif.): 494640.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Prazo de presentación de solicitudes

Ampliar o prazo de presentación de solicitudes previsto no artigo 7 da Resolución do 31 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvención correspondentes a programas de actuación en favor das entidades galegas no exterior para o exercicio 2020 (DOG núm. 25, do 6 de febreiro), ata o 16 de marzo de 2020, inclusive.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2020

O secretario xeral da Emigración
P.S. (Decreto 76/2017, do 28 de xullo)
José Carlos García Bouzas
Subdirector xeral de Xestión Económico-Administrativa e do Retorno