Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 5 de marzo de 2020 Páx. 14991

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 19 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-750/2019-PPM e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-750/2019-PPM e cinco máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c), da mesma lei.

A Coruña, 19 de febreiro de 2020

O xefe territorial da Coruña
Por delegación de funcións por Resolución do 6.11.2019
(Orde do 8.9.2017, DOG núm. 180, do 21 de setembro)
Mª José Cancelo Baquero
Xefa do servizo de Recursos Mariños

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-750/2019-PPM

53480985M

Resolución

Cures, Pumar do Río, 24, Boiro

PSC-CO-753/2019-PPM

78800269S

Resolución

Campo de Sacramento, 72-1º dta., Cee

PSC-CO-758/2019-PPM

44848571C

Resolución

r/ Principal, 131-5º A, Boiro

PSC-CO-766/2019-PPM

52938776K

Resolución

r/ Principal, 38-3º, Boiro

PSC-CO-801/2019-PPM

47385209B

Resolución

O Portiño, 21 baixo, A Coruña

PSC-CO-823/2019-PPM

47382174N

Resolución

Adelaida Muro, 37-39-2º esq., A Coruña