Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 5 de marzo de 2020 Páx. 14953

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (PO 615/2017).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 615/2017 por instancia de Eduardo Novo Gómez contra Grupo Gesoko, S.L. e outros, sobre ordinario, nos cales se ditou sentenza o 4 de febreiro de 2020 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución

Estímase a demanda formulada por Eduardo Novo Gómez fronte á empresa Grupo Gesoko, S.L., o seu administrador concursal e o Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condénase a empresa Grupo Gesoko, S.L. a aboar a Eduardo Novo Gómez a cantidade de once mil trescentos cincuenta e nove euros con cincuenta céntimos de euro (11.359,50 euros), devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %, vinculando tales cantidades ao administrador concursal.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Grupo Gesoko, S.L., expido e asino a presente.

A Coruña, 13 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza