Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 5 de marzo de 2020 Páx. 14951

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 6000/19-M).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 6000/2019 desta sección, seguido por instancia de Martín Villamil Enríquez contra o Fogasa, Antía Reino de la Campa, Gimnasio Ímpetu, S.L.; Central Gym Santiago e Bruno Israel Macías Bahamonde, sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos:

Que, rexeitando o recurso de suplicación articulado por Martín Villamil Enríquez contra a sentenza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, do 29 de marzo de 2019, nos autos número 742/2018, instados por Antía Reino de la Campa fronte a Gimnasio Ímpetu, S.L.; Martín Villamil Enríquez, Central Gym Santiago, Bruno I. Macías Bahamonde e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, confirmamos a resolución de instancia e impoñémoslle á parte recorrente o aboamento das custas do recurso, que incluirán os honorarios da graduado social representante da parte demandante na contía de 605 euros. Debe darse aos depósitos e ás consignacións, de habelos, o destino legal correspondente.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida dos catro díxitos correspondentes ao número de recurso e dos dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario na forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo de observacións ou concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en forma legal ao Gimnasio Ímpetu, S.L. e Macías Bahamonde Bruno Israel, en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza