De acordo coa base cuarta da Resolución reitoral do 28 de xuño de 2019 (DOG do 8 de xullo) mediante a que se convocou un proceso selectivo para o ingreso como persoal laboral fixo do grupo I, na categoría de técnico/a superior de I+D, polos sistemas de promoción interna e de acceso libre, esta reitoría, en uso das competencias atribuídas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e polos estatutos da Universidade de Vigo,
RESOLVE:
Primeiro. Aprobar a relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas no dito proceso de selección e ordenar a súa publicación no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral da Universidade de Vigo (edificio Exeria; Campus de Vigo) e no seguinte enderezo: https://www.uvigo.gal/universidade/administracion-persoal/pas/traballar-uvigo
Segundo. Convocar nun único chamamento as persoas aspirantes o día 15 de abril de 2020, nas aulas 7-8 da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais do Campus de Vigo, ás 15.00 horas para a realización do primeiro exercicio. Deberán presentar o DNI e necesitarán bolígrafo negro o azul.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución un recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, perante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Vigo, 21 de febreiro de 2020
Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo