Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 5 de marzo de 2020 Páx. 14959

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 29/2020).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 29/2020 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Camilo González Suárez contra a empresa Discalvo, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se achega:

«Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Camilo González Suárez, fronte a Discalvo, S.L., parte executada, por importe de 15.760,60 euros en concepto de principal (indemnización: 8.001,32 + salarios de tramitación: 7.759,28 euros), máis outros 1.576,06 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan xerar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a letrado/a da Administración de xustiza, e a copia da demanda executiva seranlle notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, e quedará a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS, e aos representantes dos traballadores da empresa debedora, de conformidade co ordenado polo artigo 252 da LXS.

Contra este auto poderá interporse recurso de reposición, ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no cal, ademais de alegaren as posibles infraccións en que houber de incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo o pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, a prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á súa constitución do título, e non será a compensación en débedas admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións do Xulgado do Social número 2 aberta en Banesto, conta número 1596, clave 64 N, e debe indicar no campo concepto “recurso”, seguido do código “30 social-reposición”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o “código 30 social-reposición”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a que recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina S.Sª. Dou fe.

A maxistrada

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Discalvo, S.L., en paradoiro ignorado, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou de sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza