Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 5 de marzo de 2020 Páx. 14961

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 209/2019).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despido/cesamentos en xeral 209/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Francisco Romero Outeiral contra José Ces Alcalde, S.L., José Ces Alcalde, Óscar Pérez López, S.L., Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Decisión:

Estímase a demanda presentada por instancia de Jesús Romero Outeiral contra a entidade Óscar Pérez López, S.L., e en consecuencia, declaro extinguida a relación laboral que unía ás partes a data da presente resolución, condenando a demandada a estar e pasar pola anterior declaración e a aboar á demandante unha indemnización de 68.554,07 euros.

Así mesmo, condénase á empresa demandada, Óscar Pérez López, S.L., a aboar ao demandante a cantidade de 11.669,77 euros netos euros como cantidades debidas en concepto de salarios debidos.

E igualmente condénase solidariamente a ambas as demandadas, José Ces Alcalde, S.L. e Óscar Pérez López, S.L., a aboar ao demandante a cantidade de 6.079,57 euros netos como cantidades debidas en concepto de diferenzas retributivas e demais cantidades debidas.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Óscar Pérez López, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza