Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 6 de marzo de 2020 Páx. 15212

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2020, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, convocado por Orde da Consellería de Facenda do 22 de abril de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia número 80, do 26 de abril, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio.

Consonte o previsto nas bases I.1 e II.2.1 da orde de convocatoria do proceso selectivo convócanse para a realización do primeiro exercicio os días 9 de marzo e 10 de marzo, ás 16.30 horas, na sala D do Edificio Administrativo San Caetano, os seguintes aspirantes:

9 de marzo:

Fernández Araujo, Iván

***6234**

Fernández Carrero, María del Carmen

***6135**

Fernández Neira, Manuel

***5925**

10 de marzo:

Fernández Rivero, María del Carmen

***4788**

Fraga Sánchez, Olga

***5836**

As persoas aspirantes deberán presentarse a cada exercicio provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal.

O chamamento para cada exercicio será único, de xeito que as persoas aspirantes que non comparezan serán excluídas.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Diariamente serán convocados no lugar de realización do exercicio e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2020

Isabel Álvarez Caramés
Presidenta do tribunal