Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 6 de marzo de 2020 Páx. 15223

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

ANUNCIO do 27 de febreiro de 2020 da convocatoria do proceso selectivo para a contratación temporal de dous/dúas titulados/as superiores (Técnico I), licenciados/as en Ciencias Biolóxicas, Enxeñaría de Montes ou Enxeñaría Agrónoma.

Convócase proceso selectivo para a contratación por obra ou servizo de duración determinada de dous/dúas titulados/as superiores (Técnico I), licenciados/as en Ciencias Biolóxicas, Enxeñaría de Montes ou Enxeñaría Agrónoma baixo a modalidade contractual para a realización de proxectos específicos de investigación científica e técnica regulado na lexislación vixente que resulte da aplicación, particularmente, polo disposto nos artigos 12 e 15 do Estatuto do traballadores, modificado polo Real decreto lei 10/2020, pola Lei 12/2001, con especial referencia aos termos da disposición adicional sétima, pola Lei 14/2011 e o Real decreto 2720/1998, do 18 de decembro, polo que se desenvolve o referido artigo 15 do Estatuto dos traballadores.

O prazo de presentación das solicitudes é de dez (10) días hábiles, que se iniciará o día seguinte ao da publicación do anuncio destas bases no Diario Oficial de Galicia (DOG).

As bases do proceso de selección e os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no enderezo electrónico e no taboleiro de anuncios da Axencia Galega da Calidade Alimentaria:

https://mediorural.xunta.gal/gl/conselleria/organismos-adscritos/axencia-galega-da-calidade-alimentaria/documentacion

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2020

Manuel Rodríguez Vázquez
Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria