Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 6 de marzo de 2020 Páx. 15222

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2020 pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para ingresar como persoal laboral fixo do grupo I, na categoría de técnico/a superior de Igualdade, polo sistema de acceso libre.

De acordo coa base cuarta da Resolución reitoral do 28 de xuño de 2019 (DOG do 8 de xullo) mediante a que se convocou un proceso selectivo para ingresar como persoal laboral fixo do grupo I, na categoría de técnico/a superior de Igualdade, polo sistema de acceso libre, esta reitoría, en uso das competencias atribuídas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e polos estatutos da Universidade de Vigo, resolve:

Primeiro. Aprobar a relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas no dito proceso de selección e ordenar a súa publicación no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral da Universidade de Vigo (Edificio Exeria; Campus de Vigo) e no seguinte enderezo: https://www.uvigo.gal/universidade/administracion-persoal/pas/traballar-uvigo.

Segundo. Convocar nun único chamamento as persoas aspirantes o día 28 de abril de 2020, na aula 7 da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais do Campus de Vigo, ás 11.00 horas, para a realización do primeiro exercicio. Deberán presentar o DNI e necesitarán bolígrafo negro ou azul.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución un recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, perante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 27 de febreiro de 2020

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo