Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 10 de marzo de 2020 Páx. 15648

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 570/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 570/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Esperanza Castro Freire contra a empresa Eurofrut, S.L., Luis Alberto García Pombo Fernández e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxa resolución se xunta:

«Decido que, estimando integramente a demanda interposta por Esperanza Castro Freire contra Eurofrut Santiago, S.L. e Luis Alberto Pombo Fernández como administrador concursal de Eurofrut Santiago, S.L., efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento da demandante efectuado pola mercantil Eurofrut Santiago, S.L. con data de efectos do día 28 de xuño de 2019, e, non sendo realizable a readmisión da traballadora demandante, debo declarar e declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral existente entre a demandante e a mercantil demandada.

2. Debo condenar e condeno a mercantil Eurofrut Santiago, S.L. a estar e pasar pola anterior declaración, e a que aboe á demandante a suma de 37.691,65 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral na data desta resolución e a suma de 12.354,60 euros brutos en concepto de salarios de tramitación deixados de percibir desde a data de efectos do despedimento ata a extinción da relación laboral na presente resolución, sen prexuízo dos descontos que, se é o caso, procedan respecto da devandita suma en fase de execución de sentenza, en relación coas prestacións por desemprego ou pola colocación da demandante noutro emprego, se é o caso, durante o devandito período de salarios de tramitación e en función do salario que, se é o caso, estea a percibir no seu novo emprego.

3. Debo condenar e condeno a Luis Alberto Pombo Fernández como administrador concursal de Eurofrut Santiago, S.L., na súa soa condición de tal, a avirse ás anteriores declaracións e condena da mercantil concursada.

4. No que atinxe á responsabilidade do Fogasa deberá observarse o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación desta resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Eurofrut Santiago, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza