Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 2020 Páx. 15756

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2020, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Nas sesións que tiveron lugar os días 12 e 20 de febreiro e 4 de marzo de 2020, o tribunal nomeado pola Orde do 12 de xullo de 2019 (DOG núm. 137, do 19 de xullo), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Á vista das reclamacións presentadas ao segundo exercicio, anular as preguntas números 5 e 15. O seu lugar pasa a ser ocupado polas dúas primeiras preguntas de reserva, a número 41 e a número 42.

Segundo. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións e alegacións presentadas.

Terceiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, o exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos e para superalo será preciso obter un mínimo de 10 puntos. Para estes efectos, nos criterios de corrección, valoración e superación do segundo exercicio aprobados polo Tribunal o día 26 de decembro de 2019, en cumprimento da potestade de determinación do criterio de superación do exercicio, e publicados no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal, estableceuse que superarían o segundo exercicio as persoas aspirantes presentadas que obtivesen un mínimo de dezaseis (16) respostas correctas, unha vez feitas as deducións por respostas incorrectas, que descontarán cada unha delas un terzo dunha pregunta correcta. Ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada asignaráselles a valoración de dez (10) puntos no exercicio. O resto das persoas declaradas aptas terán unha cualificación distribuída entre os dez (10) e os vinte (20) puntos, proporcional ao número de respostas correctas. Do mesmo xeito, asignarase a puntuación proporcional que corresponda ás persoas aspirantes declaradas non aptas. Advírtese que as preguntas non contestadas non penalizaron nin recibiron ningunha puntuación.

Cuarto. Feita a corrección na sesión do día 4 de marzo de 2020, e consonte os criterios anteriores, superaron o exame un total de 10 aspirantes.

Quinto. Realizar os trámites oportunos para publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de sistemas e tecnoloxía da información, subgrupo A1, no lugar onde se realizou o exercicio e no portal web da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta.gal.

Sexto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sétimo. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2020

Juan Gómez Duaso
Presidente do tribunal