Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 2020 Páx. 15919

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 21 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se notifican diversas resolucións ditadas en varios procedementos (expediente CCA-D-044, VA-262 e VA-784).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a resolución de caducidade do certificado de capacitación para o adestramento de cans para garda e defensa e as resolucións dos expedientes de procedementos de caducidade do nomeamento como veterinarios actuantes do Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía ás persoas interesadas que se sinalan no anexo, despois de ser tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos no último domicilio coñecido e non sendo posible a súa práctica.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que a persoa interesada entenderase notificada desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a persoa interesada poderá comparecer para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica no prazo de 10 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Servizo de Conservación da Biodiversidade, situadas na rúa San Lázaro, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra a resolución do expediente referido, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2020

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural

ANEXO

Expediente

DNI/NIF/NIE

Acto notificado

Acto adoptado por

VA-262

11410728Z

Resolución caducidade

Directora xeral

VA-784

47402562E

Resolución caducidade

Directora xeral

CCA-D-044

32763567K

Resolución caducidade

Directora xeral