Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 2020 Páx. 15917

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 21 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se notifica a resolución de descatalogación do exemplar de castiñeiro (Castanea sativa Mill.) situado na Regadiña, concello da Pobra de Trives, codificado como 24A no Catálogo galego de árbores senlleiras.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a resolución de descatalogación do exemplar de castiñeiro (Castanea sativa Mill.) situado na Regadiña, concello da Pobra de Trives (Ourense), codificado como 24A no Catalógo galego de árbores senlleiras, á persoa interesada que se sinala no anexo, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos no último domicilio coñecido e non sendo posible a súa práctica.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que a persoa interesada entenderase notificada desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada poderá comparecer para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Servizo de Conservación da Biodiversidade, situadas na rúa San Lázaro, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra a resolución do expediente referido, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade ao disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2020

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural

ANEXO

Expediente

Interesada

Acto notificado

Acto adoptado por

24A

Marisa Fernández González

Resolución

Directora xeral