A Orde do 18 de decembro de 2019 pola que se regula a tarifa específica Xente Nova no transporte público interurbano da competencia da Xunta de Galicia, da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, publicada no DOG nº 248, do 31 de decembro de 2019, ampliou o ámbito de idade das persoas beneficiarias ata os 20 anos incluídos e, ademais, preveu a expansión territorial da tarifa Xente Nova, dispoñendo que a dirección xeral competente en materia de transportes acordará, logo da tramitación contable oportuna, as datas das sucesivas ampliacións deste ámbito territorial ata abranguer a totalidade da Comunidade Autónoma, consonte o posibilite a dispoñibilidade de sistemas de cancelación a bordo dos medios de transporte.
Xa que logo, a expansión territorial da tarifa Xente Nova require dunha adaptación tecnolóxica por parte das empresas que prestan os servizos de transporte nas zonas correspondentes; a maiores, esta adaptación debe ser acompañada tamén doutras actuacións co fin de achegar ás persoas usuarias a rede de comercialización da tarxeta TMG Xente Nova, a través da cal se xestiona a dita tarifa.
Consonte o indicado na citada Orde do 31 de decembro de 2019, a tarifa Xente Nova resulta inicialmente de aplicación no ámbito das denominadas áreas de transporte metropolitano de Galicia, constituídas polo conxunto de concellos situados no contorno das cidades da Coruña, Ferrol, Lugo, Santiago de Compostela e Vigo, que decidiron incorporarse ao Plan do transporte metropolitano impulsado pola Xunta de Galicia.
Por tanto, tendo en conta que unha parte significativa das empresas que prestan servizos de transporte nos dous ámbitos territoriais equivalentes en que non se implantou o Plan de transporte metropolitano, Pontevedra e Ourense, adiantaron os traballos para a dispoñibilidade de máquinas canceladoras, e que nestes concellos xa resultará posible a comercialización da TMG Xente Nova, procede incorporalos a unha primeira expansión territorial da tarifa Xente Nova. Xunto cos ditos ámbitos territoriais, e co feito de que os servizos de transporte público do conxunto da provincia de Ourense son explotados por contratos adxudicados no marco do Plan de transporte público de Galicia, defínese un ámbito que resulta igualmente viable integrar nesta primeira expansión territorial.
Finalmente, esta expansión efectúase sobre ámbitos territoriais nos cales, xunto coas concesións de servizos de transporte público máis significativas en volume de tráficos atendidos que xa dispoñen de sistemas de cancelación, conviven outras concesionarias que aínda están en proceso de incorporación destes sistemas, consonte os prazos fixados nos pregos de condicións, feito que se ten en conta no presente acordo co fin de atender a próxima integración destas concesionarias.
En virtude do exposto e de conformidade co establecido na Orde do 18 de decembro de 2019,
ACORDO:
Primeiro. Realizar, con efectos do 23 de marzo, unha primeira expansión do ámbito territorial de aplicación da tarifa Xente Nova, regulada pola Orde do 18 de decembro de 2019 pola que se regula a tarifa específica Xente Nova no transporte público interurbano da competencia da Xunta de Galicia, da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (DOG nº 248, do 31 de decembro), aos servizos de transporte público interurbano da titularidade da Xunta de Galicia que se desenvolvan na provincia de Ourense, así como aos que o fagan no conxunto de concellos do contorno do de Pontevedra que figuran no anexo I deste acordo.
Segundo. A posibilidade efectiva de acceder á tarifa Xente Nova estará condicionada á efectiva dispoñibilidade de máquinas canceladoras habilitadas para o pagamento coa TMG e a TMG Xente Nova por parte do conxunto de vehículos adscritos a cada concesión de servizos de transporte público de viaxeiros por estrada de uso xeral.
Desde a data en que resultará efectiva a expansión consonte o indicado no punto anterior, esta dispoñibilidade abranguerá o conxunto de concesións que se incorporan como anexo II deste acordo, anexo que será publicado na páxina web da Dirección Xeral de Mobilidade e en bus.gal. As concesións de servizos de transporte público regular de viaxeiros por estrada de uso xeral que atenden tráficos nos ámbitos territoriais obxecto desta expansión e que non cumprían no momento inicial o requisito de dispoñibilidade de sistemas de cancelación, son as incorporadas no anexo III deste acordo; a través daquelas páxinas web informarase das datas en que estas concesións incorporen os sistemas de cancelación e, por tanto, en que xa será aplicable a tarifa Xente Nova nas ditas concesións.
Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2020
Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade
ANEXO I
Concellos da provincia de Pontevedra integrados
nesta primeira expansión
– A Lama
– Barro
– Bueu
– Campo Lameiro
– Cerdedo-Cotobade
– Marín
– Moraña
– Poio
– Ponte Caldelas
– Pontevedra
– Sanxenxo
– Soutomaior
– Vilaboa
ANEXO II
Concesións de servizos de transporte público regular de viaxeiros
por estrada de uso xeral en que a tarifa Xente Nova resultará
de aplicación desde a data de efectividade desta primeira expansión
Ámbito territorial |
Concesión |
Denominación |
Concesionario |
Ourense |
XG601 |
Comarca da Baixa Limia |
Empresa Gavilanes, S.L., Rutas 82, S.L. e Antonio Salgado Perez-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio |
Ourense |
XG602 |
Leste da Comarca de Allariz-Maceda |
Sociedad de Transportes, S.L. e Barcala Sanz, S.L.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio |
Ourense |
XG603 |
Comarca de Terra de Celanova |
Sociedad de Transportes, S.L., Autos González, S.L., Barcala Sanz, S.L., Auto Industrial, S.A., Empresa Villalón, S.A., Aguas de Incio, S.A. e Eleuterio Lopez y Cía, S.L.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio |
Ourense |
XG604 |
Comarca do Ribeiro |
Autos González, S.L., Palacios Bus, S.L., Autocares Rodríguez Carballiño, S.L., Traviacar, S.L., Auto Industrial, S.A., Empresa Villalón, S.A., Aguas de Incio, S.A. e Eleuterio López y Cía, S.L.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio |
Ourense |
XG605 |
Comarca de Ourense |
Minhobus-Transportes do Minho, S.U.L. e Empresa Gavilanes, S.L.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio |
Ourense |
XG610 |
Comarca de Viana |
Sociedad de Transportes, S.L., Agrupación de Transporte de Viajeros, S.A., Autos Bibey, S.L. e Rafael Pérez Vázquez-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio |
Ourense |
XG611 |
Comarca da Limia |
Sociedad de Transportes, S.L., Barcala Sanz, S.L. e Autocares Reza, S.L.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio |
Ourense |
XG612 |
Comarca de Valdeorras |
Barcala Sanz, S.L., Autobuses Urbanos de Ponferrada, S.A. e Agrupación de Transporte de Viajeros, S.A.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio |
Ourense |
XG613 |
Comarcas de Terra de Caldelas e Terra de Trives |
Barcala Sanz, S.L., Palacios Bus, S.L. e Autocares Castro Caldelas, S.L.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio |
Ourense |
XG614 |
Comarca de Verín |
Sociedad de Transportes, S.L., Autocares Guerra, S.L., Auto Industrial, S.A.U., Empresa Villalón, S.A.U., Castromil, S.A.U., Eleuterio López y Compañía, S.L.U, La Hispano Igualadina, S.L. e Vigo-Barcelona, S.A.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio |
Ourense |
XG615 |
Oeste da Comarca de Allariz-Maceda |
Sociedad de Transportes, S.L. e Barcala Sanz, S.L.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio |
Ourense |
XG622 |
Norte das comarcas da Paradanta e O Condado |
Autos González, S.L., Empresa Viuda de J. Domínguez, S.L., Transportes La Unión, S.A., Autos Arcade, S.L., Gómez de Castro, S.A.U., Auto Industrial, S.A.U., Empresa Miño, S.L., Orense-Benavente, S.A e La Hispano Igualadina, S.L.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio |
Ourense |
XG623 |
Lugo-Ourense-Vigo, con anexos |
Auto Industrial, S.A.U., Empresa Villalón, S.A.U., Castromil, S.A.U., Eleuterio López y Compañía, S.L.U., Gómez de Castro, S.A.U., Vigo-Barcelona, S.A. e Aguas de Incio, S.A.U.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio |
Ourense |
XG644 |
O Barco de Valdeorras-Monforte de Lemos-Ourense, con anexos |
Agrupación de Transporte de Viajeros, S.A., Palacios Bus, S.L., Luisa Rodríguez Núñez e Barcala Sanz, S.L.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio |
Ourense |
XG645 |
Castro Caldelas-Monforte de Lemos, con anexos |
Palacios Bus, S.L., Autocares Castro Caldelas, S.L. e Barcala Sanz, S.L.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio |
Ourense |
XG666 |
Termos municipais da Cañiza e Arbo |
Autos González S.L., Autocares Meiriño, S.L., Empresa Viuda de J. Domínguez, S.L., Autos Arcade, S.L., Gómez de Castro, S.A.U., Auto Industrial S.A.U., Empresa Miño, S.L. e Orense Benavente, S.A.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio |
Ourense |
XG684 |
Beariz-O Irixo-O Carballiño, con anexos |
Empresa Montañesa, S.L., Rivera Bus, S.L., Bernárdez y Cía, S.L., Autocares Rodríguez Carballiño, S.L. e Traviacar, S.L.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio |
Ourense |
XG685 |
Boborás-O Carballiño, con anexos |
Empresa Montañesa, S.L., Rivera Bus, S.L. e Bernárdez y Cía, S.L.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio |
Ourense |
XG687 |
O Irixo-O Carballiño, con anexos |
Empresa Montañesa, S.L., Rivera Bus, S.L., Bernárdez y Cía, S.L., Autocares Rodríguez Carballiño, S.L. e Traviacar, S.L.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio |
Ourense |
XG688 |
Termos municipais do Pereiro de Aguiar, Coles e Barbadás |
Autos González S.L., Auto Industrial, S.A.U., Empresa Villalón, S.A.U., Aguas de Incio, S.A.U. e Eleuterio López y Compañía, S.L.U.-UTE, Lei 18/1982, número dous |
Ourense |
XG690 |
San Cibrao das Viñas-Ourense, con anexos |
Autocares González, S.L. |
Ourense |
XG691 |
O Pereiro de Aguiar-Ourense, con anexos |
Autos González, S.L., Auto Industrial, S.A.U., Empresa Villalón, S.A.U., Aguas de Incio, S.A.U. e Eleuterio López y Compañía, S.L.U.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio |
Ourense |
XG692 |
Nogueira de Ramuín-Ourense, con anexos |
Autocares Pérez, S.A., Autos González, S.L., Auto Industrial, S.A.U., Empresa Villalón, S.A.U., Aguas de Incio, S.A.U. e Eleuterio López y Compañía, S.L.U-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio |
Ourense |
XG701 |
Muíños-Bande, con anexos |
Autocares E. Losada, S.L. e Antonio Salgado Pérez-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio |
Ourense |
XG703 |
Celanova-Cartelle, con anexos |
Autocares E. Losada, S.L. e Autocares Camilo Heredia, S.L.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio |
Ourense |
XG705 |
Leiro-Cenlle-Ribadavia, con anexos |
Autos González, S.L., Palacios Bus, S.L., Autocares Rodríguez Carballiño, S.L., Traviacar, S.L., Auto Industrial, S.A., Empresa Villalón, S.A., Aguas de Incio, S.A. e Eleuterio López y Cía, S.L.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio |
Ourense |
XG706 |
Avión-Carballeda de Avia, con anexos |
Autos González, S.L., Palacios Bus, S.L., Autocares Rodríguez Carballiño, S.L., Traviacar, S.L., Auto Industrial, S.A., Empresa Villalón, S.A., Aguas de Incio, S.A. e Eleuterio López y Cía, S.L.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio |
Pontevedra |
XG623 |
Lugo-Ourense-Vigo, con anexos |
Auto Industrial, S.A.U., Empresa Villalón, S.A.U., Castromil, S.A.U., Eleuterio López y Compañía, S.L.U., Gómez de Castro, S.A.U., Vigo-Barcelona, S.A. e Aguas de Incio, S.A.U.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio |
Pontevedra |
XG624 |
Sur da comarca de Pontevedra, norte da de Vigo e termo municipal de Tui |
Autos González, S.L., Empresa Viuda de J. Domínguez, S.L., Transportes La Unión, S.A., Autos Arcade, S.L., Castromil, S.A.U., Empresa Miño, S.L., Empresa Monforte, S.A.U., La Hispano Igualadina, S.L., Autobuses de Pontevedra, S.A. e Galega de Autocares Gala, S.L.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio |
Pontevedra |
XG625 |
Comarca do Morrazo |
Eugenio Bermúdez e Hijos, S.L., Autobuses Cerqueiro, S.L., Empresa Viuda de J. Domínguez, S.L., Transportes La Unión, S.A., Autos Arcade, S.L., Castromil, S.A.U., Empresa Miño, S.L., Empresa Monforte, S.A.U., Autobuses de Pontevedra, S.A., Galega de Autocares Gala, S.L. e La Hispano Igualadina, S.L.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio |
Pontevedra |
XG626 |
Sur da comarca do Salnés e termo municipal de Poio |
José Acha García e Hijos, S.L., Transportes La Unión, S.A., Autos Arcade, S.L., Castromil, S.A.U., Empresa Monforte, S.A.U., La Hispano Igualadina, S.L., Autobuses de Pontevedra, S.A., Galega de Autocares Gala, S.L. e Vigo-Barcelona, S.A.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio |
Pontevedra |
XG627 |
Norte da comarca do Salnés e termo municipal de Catoira |
José Acha García e Hijos, S.L., Empresa Pereira, S.L.U., Benito Abalo, S.L., Transportes José Núñez Barros, S.A.U., Exprés de Tabeirós, S.L.U., Transportes La Unión, S.A., Autos Arcade, S.L., Castromil, S.A.U., Empresa Monforte, S.A.U., La Hispano Igualadina, S.L., Autobuses de Pontevedra, S.A. e Galega de Autocares Gala, S.L.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio |
Pontevedra |
XG628 |
Metropolitano de Pontevedra |
Autocares Rías Baixas, S.L., Auto Industrial, S.A.U., Autobuses de Pontevedra, S.A., Autos Arcade, S.L., Castromil, S.A.U., Galega de Autocares Gala, S.L. e Transportes La Unión, S.A.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio |
Pontevedra |
XG665 |
Termo municipal de Forcarei |
Empresa Montañesa, S.L., Rivera Bus, S.L., Bernárdez y Cía, S.L., Autocares Rodríguez Carballiño, S.L. e Traviacar, S.L.- UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio |
Pontevedra |
XG672 |
Termos municipais de Moaña e Vilaboa |
Eugenio Bermúdez e Hijos S.L., Empresa Viuda de J. Domínguez, S.L., Transportes La Unión, S.A., Autos Arcade, S.L., Empresa Miño, S.L., Autobuses de Pontevedra, S.A., Galega de Autocares Gala, S.L. e La Hispano Igualadina, S.L.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio |
Pontevedra |
XG673 |
Contorno metropolitano de Pontevedra |
Empresa Viuda de J. Domínguez, S.L., Transportes La Unión, S.A.U., Autos Arcade, S.L., Castromil, S.A.U., Empresa Miño, S.L., Empresa Monforte, S.A.U., Autobuses de Pontevedra, S.A., Galega de Autocares Gala, S.L. e Auto Industrial, S.A.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio |
Pontevedra |
XG695 |
Termos municipais de Meaño e Cambados |
Autocares Rías Baixas, S.L., Viuda de J. Domímguez, S.L., Transportes La Unión, S.A., Autos Arcade, S.L., Empresa Miño, S.L., Autobuses de Pontevedra, S.A., Galega de Autocares Gala, S.L. e La Hispano Igualadina, S.L.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio |
Pontevedra |
XG698 |
Leste da comarca de Pontevedra e norte da comarca de Vigo |
Autocares Manuel García Castro, S.L., Empresa Viuda de J. Domínguez, S.L., Transportes La Unión, S.A., Autos Arcade, S.L., Empresa Miño, S.L., Autobuses de Pontevedra, S.A., Galega de Autocares Gala, S.L. e La Hispano Igualadina, S.L.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio |
ANEXO III
Concesións de servizos de transporte público regular de viaxeiros por estrada
de uso xeral que se integrarán no sistema de cancelación progresivamente
Ámbito territorial |
Concesión |
Denominación |
Concesionario |
Ourense |
XG600 |
Comarca do Carballiño |
Empresa Montañesa, S.L., Rivera Bus, S.L., Bernárdez y Cía, S.L. e Autocares Pérez, S.A.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio |
Ourense |
XG686 |
Termos municipais de San Cristovo de Cea, Dozón e Piñor |
Autocares Pérez, S.A. |
Ourense |
XG689 |
A Peroxa-Coles-Ourense, con anexos |
Autocares Alfer, S.A., Empresa Toén, S.L., Autos Gómez, S.L., Autocares Manolete, S.L., Autocares A. González, S.L., Autocares La Mezquita, S.L.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio |
Ourense |
XG707 |
Toén-Barbadás-Ourense, con anexos |
Autocares Alfer, S.A., Empresa Toén, S.L., Autos Gómez, S.L., Autocares Manolete, S.L., Autos A. González, S.L. e Autocares La Mezquita, S.L.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio |
Ourense |
XG708 |
Termo municipal do Barco de Valdeorras |
Barcala Sanz, S.L., Autobuses Urbanos de Ponferrada, S.A. e Agrupación de Transporte de Viajeros, S.A.-UTE, Lei 18/1982, do 26 de maio |