Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 16 de marzo de 2020 Páx. 16587

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (140/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 140/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcos Villamor Pérez contra Cervecom Cervecería Santiago, S.L., Fogasa, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Decreto:

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2020

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar o executado, Cervecom Cervecería Santiago, S.L., en situación de insolvencia total por importe de 16.454,71 euros en concepto de principal (15.779,28 euros en concepto de salarios de tramitación, 642,18 euros en concepto de liquidación e 33,25 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores) máis outros 1.645,47 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reaperturar a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez asine a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Expedir os testemuños das resolucións procedentes que se entregarán á parte executante na oficina xudicial deste xulgado.

Modo de impugnación: contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da Lei da xurisdición social.

A letrada da Administración de xustiza

E para que sirva de notificación en legal forma a Cervecom Cervecería Santiago, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza