Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 16 de marzo de 2020 Páx. 16585

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (EXP 127/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución provisional 127/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antía Reino de la Campa contra Martín Villamil Enríquez, Gimnasio Ímpetu S.L., Central Gym Santiago, S.L., e Fogasa, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Auto:

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2020.

Parte dispositiva:

Considérase que Antía Reino de la Campa desistiu da demanda de execución provisional que deu lugar á incoación deste procedemento de execución provisional 127/2019, interposto contra Martín Villamil Enríquez, Gimnasio Ímpetu S.L., Central Gym Santiago, S.L. e Fogasa e, en consecuencia, decrétanse o sobresemento e o arquivamento das actuacións sen máis trámites.

Notifíqueselles ás partes esta resolución na forma prevista no artigo 248.4 da Lei orgánica do poder xudicial (LOPX) e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de resolucións definitivas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Así o pronuncia, manda e asina Paula Méndez Domínguez, maxistrada titular do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela. Dou fe.

A maxistrada. A letrada da Administración de xustiza.

Dilixencia. Seguidamente cúmprese o acordado. Dou fe.

Para que sirva de notificación en legal forma a Gimnasio Ímpetu, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza