Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 16 de marzo de 2020 Páx. 16655

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Rosal

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público do ano 2019.

A Xunta de Goberno Local deste concello, en sesión ordinaria levada a cabo o día 30 de xaneiro de 2020, aprobou, entre outros acordos, o que a continuación se transcribe en relación coa oferta de emprego público do ano 2019.

Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público deste concello do ano 2019, que contén os seguintes postos de traballo:

Persoal laboral fixo:

Grupo equivalente

Nº de prazas

Denominación

C2

1

Auxiliar de biblioteca

C2

3

Auxiliar de axuda no fogar

A2

1

Axente de emprego e desenvolvemento local

C1

1

Informático

Segundo. Así mesmo, acordou a súa publicación no taboleiro de anuncios deste concello, na páxina web municipal e no Diario Oficial de Galicia.

O Rosal, 11 de febreiro de 2020

Ánxela Fernández Callís
Alcaldesa