Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 16 de marzo de 2020 Páx. 16656

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO polo que se publica a modificación das bases xerais reguladoras para a constitución e o funcionamento das bolsas de emprego.

A Resolución da Alcaldía 184/2020, do 20 de febreiro de 2020, aprobou a modificación das bases xerais reguladoras para a constitución e o funcionamento das bolsas de emprego no concello de Teo.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña publicarase integramente a modificación das bases. Así mesmo, poderán ser consultadas no taboleiro de anuncios da Corporación, na páxina web municipal www.teo.gal e no Portal de transparencia do Concello de Teo https://www.teo.gal/gl/transparencia

Teo, 21 de febreiro de 2020

Rafael C. Sisto Edreira
Alcalde