Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 16 de marzo de 2020 Páx. 16657

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de convocatoria para a cobertura de dezasete prazas do subgrupo C1 por promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 31, do 14 de febreiro de 2020, publícanse íntegramente as bases aprobadas mediante a Resolución da Alcaldía, do 29 de novembro de 2019, da convocatoria para a cobertura por funcionarios/as de carreira das dezasete prazas do subgrupo C1, por promoción interna, seguintes:

– 10 prazas da escala de administración xeral, subescala administrativa.

– 2 prazas da escala administración especial/servizos especiais/funcións especiais/ xestor/a informático/a.

– 1 praza da escala administración especial/servizos especiais/funcións especiais/xestor arquivos.

– 1 praza da escala administración especial/servizos especiais/funcións especiais/xestor información ao público.

– 2 prazas da escala administración especial/servizos especiais/funcións especiais/ xestor sociocultural.

– 1 praza da escala administración especial/servizos especiais/funcións especiais/xestora de redacción.

O prazo de presentación de instancias en que se solicita tomar parte na respectiva proba selectiva é de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Vilagarcía de Arousa, 17 de febrero de 2020

Alberto Varela Paz
Alcalde presidente