Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 18 de marzo de 2020 Páx. 17068

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 4 de marzo de 2020 pola que se notifica a resolución do expediente de caducidade de autorización de atracada número P10-012B nas instalacións para a náutica recreativa do porto de Ribadeo.

Con data do 10 de febreiro de 2020, a Presidencia de Portos de Galicia, ao abeiro do establecido no artigo 40.2.a) do Decreto 130/2013, do 1 de agosto, polo que se regula a explotación dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico deportivo de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, resolveu declarar a caducidade da autorización temporal de atracada que se cita con anterioridade, da cal é titular Francisco Javier Díaz Soto con DNI ***8131**.

Intentada a notificación no enderezo que consta no expediente e ao non ser posible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015 (BOE nº 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, se notifica mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

A resolución emítese pola concorrencia da causa de caducidade prevista no artigo 110.1.b) da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, e no artigo 40.1.b) do Decreto 130/2013, por estaren pendentes de aboamento as liquidacións da taxa portuaria X-5, embarcacións deportivas e de lecer, correspondentes ao cuarto trimestre do ano 2017, e a totalidade dos exercicios dos anos 2018 e 2019.

A caducidade determina a extinción da autorización, a prohibición de uso da praza de atracada, e a obriga de retirar, de ser este o caso e baixo a advertencia de execución subsidiaria, a embarcación da instalación.

A presente resolución esgota a vía administrativa e contra ela, poderase interpor recurso contencioso-administrativo nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela que corresponda, ou recurso potestativo de reposición perante a Presidencia de Portos de Galicia, no prazo dun mes contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2020

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia