Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 18 de marzo de 2020 Páx. 16979

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2020, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, pola que se lles dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 6 de marzo de 2020, o tribunal nomeado pola Orde do 1 de marzo de 2019 (DOG núm. 48, do 8 de marzo) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.4 da convocatoria, e unha vez efectuada a corrección do cuarto exercicio, publicar a cualificación das aspirantes convocadas:

DNI

Nome

Cualificación 4º exercicio

***2680**

Díaz-Pavón Sánchez-Tembleque, María del Pilar

Apto

***8840**

Quelle Lloret, Ana Carlota

Apto

Segundo. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Facenda, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2020

Juan José Nieto Montero
Presidente do tribunal