De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázase as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
Os actos obxecto de notificación foron adoptados pola xefa territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE na sede da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70, 2º, do termo municipal de Lugo.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Lugo, 5 de marzo de 2020
Margarita López Blanco
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
Expediente |
Interesado |
Acto notificado |
LU-RES-2020-006 |
Adrián Jiménez Montoya |
Iniciación |
LU-RES-2020-007 |
Ricardo Jiménez Barrul |
Iniciación |
LU-RES-2020-008 |
Casimiro Montoya Ventos |
Iniciación |
LU-RES-2020-009 |
Jaouad Khalyl |
Iniciación |