Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 18 de marzo de 2020 Páx. 17022

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 5 de marzo de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual do Plan parcial do sector SU-1 A Granxa-Dorrón, no concello de Sanxenxo, promovido pola xunta de compensación do sector de solo urbanizable SU-1 (expediente 2019AAE2372; código 2268/2019).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico do 28 de febreiro de 2020, sobre a modificación puntual do Plan parcial do sector SU-1 A Granxa-Dorrón, no concello de Sanxenxo, promovido pola xunta de compensación do sector de solo urbanizable SU-1.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no enderezo da internet:

https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático