Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Venres, 20 de marzo de 2020 Páx. 17121

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ACORDO do 11 de marzo de 2020, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para ingresar no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal, convocado pola Orde do 22 de maio de 2018 pola que se fan públicas as puntuacións e o resultado das alegacións á segunda proba.

A epígrafe II.1.1.2 da Orde do 22 de maio de 2018 recolle que superaron o segundo exercicio do proceso selectivo as persoas que obtiveron unha puntuación mínima de vinte (20) puntos. O 29 de xaneiro de 2020, este tribunal acordou que superarán o segundo exercicio as persoas aspirantes co maior número de respostas correctas (logo dos descontos das incorrectas), ata un máximo de vinte e cinco (25) persoas e sempre que o número obtido por estas sexa igual ou superior a catorce (14) respostas correctas, logo dos descontos das incorrectas. O 22 de febreiro de 2020 celebrouse a segunda proba deste proceso selectivo e, posteriormente, as persoas aspirantes dispuxeron dun prazo para presentar alegacións contra o cuestionario tipo test.

En relación coas alegacións presentadas, este tribunal acordou:

1. Anular as preguntas 4, 21, 27, así como a pregunta de reserva 38.

2. Substituír as preguntas 4, 21 e 27 anuladas polas preguntas de reserva 36, 37 e 39. De acordo con isto, o cuestionario queda formado por 35 preguntas.

3. Rexeitar o resto de alegacións.

En relación coa corrección das respostas das persoas aspirantes da segunda proba, este tribunal

ACORDOU:

Primeiro. Publicar os resultados da corrección do segundo exercicio no lugar onde se celebrou a segunda proba, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia (funciónpublica.xunta.gal).

Segundo. Informar que, de acordo cos criterios de corrección, superaron o segundo exercicio os 26 aspirantes con maior número de respostas correctas e máis de 14 respostas acertadas logo de descontar as incorrectas, correspondendo os 20 puntos mínimos para superar a proba co de 22,33 respostas correctas.

Terceiro. De acordo coa base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar alegacións ás puntuacións no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Así mesmo, ao abeiro da base III.13, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda consonte os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Quinto. De acordo co disposto na base II.1.1.4 da convocatoria, os aspirantes que superaron o segundo exercicio disporán dun prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación xustificativa (orixinais ou fotocopias compulsadas) de estar en posesión do Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

Para os aspirantes da quenda de promoción interna, a Dirección Xeral de Función Pública publicará no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal unha listaxe de persoas aspirantes en que figurarán aquelas que non teñan que presentar a documentación xustificativa da exención por ter xa acreditada a súa posesión en calquera procedemento de competencia do mencionado centro directivo.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2020

Marcos Barreiro González
Presidente do tribunal