Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Venres, 20 de marzo de 2020 Páx. 17136

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 24 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordadas pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo no expediente PR204A 2019/4347-2 e catorce máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, na súa condición de parte contraria no procedemento (persoas interesadas), a resolución ditada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo, por non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).

A resolución que se notifica poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente que poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

Lugo, 24 de febreiro de 2020

Ramón Carballo Páez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Parte contraria notificada

Resolución notificada

PR204A 2019/4347-2

Micael Barbosa Futado

Recoñecemento do dereito

PR204A 2019/5019-2

Luis Ángel Rodríguez Pérez

Recoñecemento do dereito

PR204A 2019/5164-2

Juan Manuel Vence Díaz

Recoñecemento do dereito

PR204A 2019/5165-2

Herdeiros Concepción Márquez Díaz

Recoñecemento do dereito

PR204A 2019/5205-2

Andrea Doval López

Recoñecemento do dereito

PR204A 2020/76-2

Belén Díaz Sánchez

Recoñecemento do dereito

PR204A 2020/86-2

Sollad Abbassi

Recoñecemento do dereito

PR204A 2020/92-2

Pablo Quijada Campo

Recoñecemento do dereito

PR204A 2020/93-2

Consuelo Varela Corredoira

Recoñecemento do dereito

PR204A 2020/105-2

InvestCapital LTD

Denegación do dereito

PR204A 2020/272-2

María Dolores Expósito Rouco

Recoñecemento do dereito

PR204A 2020/274-2

Paula Pérez Suárez

Recoñecemento do dereito

PR204A 2020/286-2

Crisitian Caruncho Villar

Recoñecemento do dereito

PR204A 2020/307-2

Comunidade Propietarios Edif. Esteiro Xove

Recoñecemento do dereito

PR204A 2020/305-2

Andrés Míguez Pernas

Recoñecemento do dereito