Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Venres, 20 de marzo de 2020 Páx. 17152

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de convocatoria de procesos selectivos para cubrir varias prazas da oferta de emprego públilco do ano 2019 (quenda promoción interna).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) nº 50, do 12 de marzo de 2020, publicáronse as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria para o acceso a diversas prazas vacantes no Concello de Pontevedra incluídas na OEP 2019.

A concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura convocou, mediante Resolución do 5 de marzo de 2020, os procesos selectivos para a cobertura, pola promoción interna, de diversas prazas vacantes no Concello de Pontevedra incluídas na oferta de emprego público do ano 2019, que a continuación se sinalan:

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C1. Clasificación: escala de Administración xeral, subescala administrativa. Número de vacantes: 3. Denominación: administrativo.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración xeral, subescala auxiliar. Número de vacantes: 5. Denominación: auxiliar.

– Grupo segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: A. Subgrupo A2. Clasificación: escala de Administración xeral, subescala de xestión. Número de vacantes: 1. Denominación: técnico medio.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, publicándose os sucesivos anuncios no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de editos da corporación nos térmos establecidos nas bases.

Pontevedra, 12 de marzo de 2020

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 15.6.2019)
María del Carmen Fouces Díaz
A concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura