Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Venres, 20 de marzo de 2020 Páx. 17150

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de convocatoria dos procesos selectivos para cubrir varias prazas na oferta de emprego público do ano 2019 (quenda libre).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 50, do 12 de marzo de 2020, publicáronse as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria para o acceso a diversas prazas vacantes no Concello de Pontevedra incluídas na OEP 2019.

A concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura convocou, mediante Resolución do 5.3.2020, os procesos selectivos para a cobertura, pola quenda libre, de diversas prazas vacantes no Concello de Pontevedra incluídas na oferta de emprego público do ano 2019, que a continuación se sinalan:

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C1. Clasificación: escala de Administración xeral, subescala administrativa. Número de vacantes: 3. Denominación: administrativo. Resérvase unha (1) praza para persoas con discapacidade.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración xeral, subescala auxiliar. Número de vacantes: 2. Denominación: auxiliar. Resérvase unha (1) praza para persoas con discapacidade.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público: A. Subgrupo A2. Clasificación: escala de administración especial, subescala técnica, clase técnicos medios. Número de vacantes: 1. Denominación: traballador/a social.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C2 da clase de servizos de extinción de incendios, subescala de servizos especias da escala de Administración especial. Número de vacantes: 2. Denominación: bombeiro/a-condutor/a.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, e os sucesivos anuncios publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de editos da Corporación nos termos establecidos nas bases.

Pontevedra, 12 de marzo de 2020

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta Goberno Local do 15.6.2019)
María del Carmen Fouces Díaz
Concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura