Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Venres, 20 de marzo de 2020 Páx. 17148

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para reordenación de volumes na rúa Santo Domingo-avenida Buenos Aires (expediente de planeamento urbanístico 2018007665).

Anúnciase, de conformidade ao disposto no artigo 82.2 da Lei 2/2016, do solo de Galicia e do artigo 199.2 do Decreto da Xunta de Galicia 143/2016, que o Concello Pleno en sesión ordinaria, do día 13 de decembro de 2019, adoptou entre outros, o seguinte Acordo, cuxa parte dispositiva di:

«O Concello Pleno en sesión ordinaria do día 13 de decembro do ano 2019 adoptou, entre outros, o seguinte Acordo cuxa parte dispositiva di:

4.1. Estudo de detalle para reordenación de volumes de varias parcelas na rúa Santo Domingo e avenida de Buenos Aires. Expediente planeamento urbanístico 2018007665. Aprobación definitiva.

O secretario dá conta do ditame da Comisión de Pleno extraordinaria en substitución da ordinaria do 4 de decembro de 2019 que, por catro votos a favor Grupo Municipal de Democracia Ourensana e do Grupo Municipal do Partido Popular, e catro abstencións do Grupo Municipal do PsdeG-PSOE e do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego, ditamina favorablemente a proposta da concelleira delegada de Urbanismo, que se incorpora ao expediente.

O Pleno do Concello, por dezaseis votos a favor do Grupo Municipal de Democracia Ourensana, do Grupo Municipal do Partido Popular e do Grupo Municipal de Ciudadanos; e once abstencións do Grupo Municipal do PsdeG-PSOE e do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego, adoptou o seguinte Acordo:

Aprobar definitivamente o estudo de detalle para a reordenación de volumes en varias parcelas da rúa Santo Domingo e avenida de Bos Aires na súa versión de documento refundido para a aprobación inicial (marzo 2019) por pedimento de Dessa Urbanismo, SLNE (CIF B94007556), representada por Mª del Consuelo González García.

Para unir ao expediente da súa razón, expídese o presente coa advertencia e salvidade á que se refire o artigo 206 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais do 28 de novembro de 1986, isto é, a reserva dos termos da aprobación da acta definitiva».

Contra a presente resolución, que é definitiva na vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio. Non obstante, poderase interpoñer calquera outro recurso que considere oportuno.

Todo isto conforme o disposto nos artigos 52 da Lei reguladora das bases de réxime local; 194 e concordantes do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais; 45 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común; 10 e 46 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa e, demais de aplicación.

Estará dispoñible o contido íntegro do instrumento de planeamento nas webs www.ourense.gal e www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga

Ourense, 10 de xaneiro de 2020

Gonzalo Pérez Jácome
Alcalde presidente