Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Luns, 23 de marzo de 2020 Páx. 17209

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 10 de marzo de 2020, da Zona Centro, polo que se procede á apertura de prazo de presentación de solicitudes da convocatoria pública para a utilización dos departamentos 19, 20, 33 e 34 novos-bloque 2 e os departamentos 60 e 69 novos-bloque 4, no dominio público portuario de Rianxo.

Quedando dispoñibles no porto de Rianxo os departamentos nº 19, nº 20, nº 33 e nº 34 novos-bloque 2, e os departamentos nº 60 e nº 69 novos-bloque 4, no dominio público portuario de Rianxo, procédese a abrir convocatoria pública para a súa ocupación, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público, aos efectos previstos no artigo 63 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito as solicitudes segundo establecido no prego das bases da convocatoria nas oficiñas da Zona Centro do Ente Público Empresarial Portos de Galicia, sitas na avenida do Porto, nº 5, 1º, 15006 A Coruña, ou na forma indicada no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administraciones públicas, pero en todo caso deberá acreditarse a data e hora de presentación da solicitude. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com.

A Coruña, 10 de marzo de 2020

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro