Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Luns, 23 de marzo de 2020 Páx. 17210

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Moaña

ANUNCIO das bases da convocatoria para cubrir prazas de persoal laboral incluídas nas ofertas de emprego público dos anos 2017 e 2018.

Na Resolución de Alcaldía núm. 2020-0027, do 17 de xaneiro de 2020, aprobáronse as bases que regularán a convocatoria do proceso selectivo para cubrir prazas e postos de traballo vacantes no cadro de persoal laboral do Concello de Moaña, incluídas nas ofertas de emprego público dos anos 2017 e 2018, mediante o sistema de concurso oposición por quenda libre.

O período de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

As bases íntegras publicaranse no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Moaña https://concellodemoana.sedelectronica.gal

Moaña, 19 de febreiro de 2020

Leticia Santos Paz
Alcaldesa