Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Luns, 23 de marzo de 2020 Páx. 17211

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de convocatoria para cubrir dúas prazas de oficial da policía local por promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 36, do 21 de febreiro de 2020, publicáronse as bases específicas que regulan a convocatoria para cubrir, por persoal funcionario de carreira, dúas prazas de oficial da policía local, pertencentes á escala de administración especial, subescala de servizos especiais, clase policía local, subgrupo C1, vacantes no cadro de persoal do concello, polo sistema selectivo de concurso-oposición pola quenda de promoción interna. Esta convocatoria específica desenvolve as bases xerais da convocatoria unitaria publicada no Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 57, do 23 de marzo de 2018. O prazo de presentación de instancias será de quince días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Despois da publicación antedita os sucesivos anuncios relativos á convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de anuncios do concello.

Oleiros, 18 de febreiro de 2020

O alcalde
P.D. (Decreto da alcaldía nº 2019002619, do 20 de xuño)
Margarita Figueroa Vázquez
Segunda tenente de alcalde delegada de Persoal