Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Martes, 24 de marzo de 2020 Páx. 17266

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 10 de marzo de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-121/2020-PPM e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-121/2020-PPM e cinco máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 10 de marzo de 2020

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-121/2020-PPM

76507062T

Inicio

Fonte de Mouro, s/n. Cabo de Cruz, Boiro

PSC-CO-134/2020-PRE

32770266G

Inicio

Río Sil, 16. Augas Mansas, Culleredo

PSC-CO-135/2020-PPM

52451521K

Inicio

Aldea de Arriba, 24. Cabo de Cruz, Boiro

PSC-CO-137/2020-PPM

32439735Y

Inicio

Rúa da Merced, 40 baixo. A Coruña

PSC-CO-155/2020-TRA

53482359E

Inicio

Rúa da Rabuda. 16, Aguiño, Ribeira

PSC-CO-159/2020-PPM

76968154B

Inicio

San Lázaro, 39-2ª planta. A Pobra do Caramiñal