Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Martes, 24 de marzo de 2020 Páx. 17268

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2020 pola que se fai público o cofinanciamento nun 80 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, do contrato administrativo de servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación de mellora do proceso de depuración da estación depuradora de augas residuais dos Praceres, Pontevedra-OH.336.1163 (clave do expediente OH.736.1176).

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, cómpre dar publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indican, por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Poder adxudicador:

1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: Doutor Maceira, nº 18, baixo, código postal 15706.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela.

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.

1.8. Teléfonos: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.

1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, na Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas, e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Códigos CPV: 71317200-5 (servizos de saúde e seguridade).

4. Código NUTS do lugar principal de entrega ou de execución dos servizos: ES114 Pontevedra.

5. Descrición do obxecto da licitación: servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación de mellora do proceso de depuración da estación depuradora de augas residuais dos Praceres, Pontevedra-OH.336.1163. Clave do expediente OH.736.1176.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, polo trámite ordinario e contratación non suxeita a regulación harmonizada.

7. Orzamento base de licitación. Importe neto: 61.582,50 euros. Importe total: 74.514,83 euros.

8. Valor estimado do contrato: 61.582,50 euros.

9. Prazo de execución do contrato: 24 meses.

10. Criterios de adxudicación:

10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares para os efectos de determinar a mellor oferta como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 49 %), metodoloxía para a execución dos traballos (ponderación 26 %), análise do documento técnico da obra (ponderación 15 %) e mellora técnica vinculada á execución do servizo (ponderación 10 %).

11. Data da adxudicación do contrato: 3 de xaneiro de 2020.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1. Ofertas totais: 10.

12.2. Ofertas de pequenas e medianas empresas: 5.

12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4. Ofertas por vía electrónica: non procede.

13. Data de formalización ou celebración do contrato: 12 de febreiro de 2020.

14. Empresa contratista:

14.1. Nome da empresa ou, de ser o caso, UTE: Control y Geología, S.A.

14.2. NIF: A28494359.

14.3. Enderezo: r/ Raimundo Fernández Villaverde, 42, 28003 Madrid.

14.4. Código NUTS: ES300.

14.5. Teléfono: 915 54 88 16.

14.6. Fax: 915 54 25 13.

14.7. Correo electrónico: licitaciones@cygsa.com

14.8. Pequena ou mediana empresa: si.

15. Valor da oferta seleccionada. Importe neto: 44.955,22 euros. Importe total: 54.395,82 euros.

16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Esta actuación será cofinanciarada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

A actuación enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 6 Conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos. Prioridade de investimento 6.2 O investimento no sector da auga para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de ambiente e para abordar as necesidades, determinadas polos Estados membros, dun investimento que vaia máis alá dos ditos requisitos. Obxectivo específico 6.2.1 Culminar os requisitos da Directiva marco da auga a través do investimento en infraestruturas de saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, e mellora da calidade da auga. Actuación 6.2.1.3: (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO) Ampliación e mellora da estación depuradora de augas residuais e do sistema de saneamento dos Praceres. Operación Mellora do saneamento e depuración do sistema dos Praceres na ría de Pontevedra. Unha maneira de facer Europa.

Polo que deberán observarse os criterios de elixibilidade, xestión, publicidade e control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, polo tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do programa operativo do citado fondo europeo, así como as normas de información e publicidade establecidas nas guías de publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.

17. Servizo do cal se pode obter información sobre o contrato formalizado.

17.1. Nome: Contratación de Augas de Galicia.

17.2. Enderezo: Doutor Maceira, 18, baixo.

17.3. Localidade: Santiago de Compostela.

17.4. Código postal: 15706.

17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6. Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.

17.7. Teléfonos: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.

19. Información acerca do acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Publicidade do anuncio de licitación no Diario Oficial de la Unión Europea: non procede.

Publicidade do anuncio de licitación no perfil do contratante: 12 de abril de 2019.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 3 de xaneiro de 2020.

Publicidade da formalización do contrato no perfil de contratante: 24 de febreiro de 2020.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2020

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia