Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Martes, 24 de marzo de 2020 Páx. 17256

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 10 de marzo de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Unimiño, S.C.G. para o proxecto dunha explotación de porcas reprodutoras no lugar de Pedrido, parroquia de Lea, no concello de Friol (Lugo) (expediente 2019-IPPC-M-152).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro), regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19 de outubro de 2013), regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, sométense a información pública, durante un período de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, os documentos indicados a continuación para que calquera persoa interesada poida consultalos e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes:

– Explotación porcina para 2.789 porcas reprodutoras no concello de Friol. Unimiño, S.C.G. Documento Revisión Autorización Ambiental Integrada. Rexistro AAI: 2014-IPPC-33-270.

– Modificación do proxecto visado 42/14 do 14 de marzo de 2014 (explotación porcina de produción de leitóns para 2.740 nais). Explotación porcina de multiplicación para 2.789 prazas con leitóns a 20 kg.

Os documentos estarán á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2019-IPPC-M-152.

Número da autorización ambiental integrada: 2014-IPPC-33-270.

Categoría principal da actividade: anexo I, categoría 9.3.c) do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro.

Titular: Unimiño, S.C.G.

NIF: F32390593.

Enderezo social: lugar Centro de Procesado Avícola, s/n, 32990 Santa Cruz de Arrabaldo (Ourense).

Localización da instalación: lugar de Pedrido, parroquia de Lea, 27229 Friol (Lugo). Referencia catastral 27020A103000080000YW.

Actividade principal: explotación de porcas reprodutoras

Descrición: a explotación non se construíu en data de hoxe. O proxecto autorizado consistía nun principio na construción dunha explotación destinada á produción de leitóns ata 6 kg cunha capacidade de 2.740 porcas reprodutoras. Coa modificación proxectada, procederase á redistribución das naves de produción, así como á construción dunha nave de desteta e unha nave de envío de porcas a matadoiro, co que pasa a explotación a dispor de 2.789 porcas reprodutoras con leitóns ata 20 kg. Na explotación diferenciaranse tres áreas: unha formada polas instalacións de nais (nave de cubrición e reposición, nave de parto-lactación, área de oficina, aseo e farmacia, zona de recuperación e duchas, manga de manexo, caseta e arco de desinfección, nave de porcas para matadoiro), outra formada polas instalacións de preceba de leitóns de 6 a 20 kg (nave de desteta, caseta e arco de desinfección, prevestiario e manga) e outra formada polas instalacións comúns ás dúas anteriores que son necesarias para o funcionamento correcto de ambas as partes (aseos e vestiarios, sala de caldeiras, caseta de tractor, cámara de conservación de cadáveres, almacén, transformador, depósito de auga e planta de separación de fases sólida/líquida do xurro).

Os ciclos de produción comenzarán coa entrada dos animais nas naves procedentes doutras explotacións de recría, que se aloxarán primeiro na nave de reposición, onde se someten a adestramento e corentena. De aquí pasarán a unha zona de cubrición onde se aloxarán en gaiolas individuais e se fecundarán por inseminación artificial. Unha vez confirmada a preñez pasaranse á zona de xestación confirmada, onde permanecerán soltas e en grupos. A xestación durará 114 días, pero unha semana antes do parto pasarán á nave de partos, onde haberá aloxamentos individuais para cada porca e a súa prole. Aos 21 días, os leitóns destetaranse e pasaranse á nave de desteta, onde acadarán o peso de 20 kg para ser enviados ás explotacións de ceba fóra da explotación. As porcas serán devoltas á zona de cubrición para reiniciar o ciclo produtivo. Cada porca terá unha produción media de 33 leitóns/ano e 2,37 ciclos ao ano. Ao final de cada ciclo, unha vez que os animais abandonen o módulo de partos, limparanse as instalacións, comezando coa retirada do xurro acumulado nas fosas interiores, que será xestionado mediante un proceso consistente na súa separación física en fracción sólida e líquida e o tratamento diferenciado de cada unha destas fraccións para o seu posterior uso como fertilizantes en parcelas agrícolas.

Verteduras: as aguas sanitarias procedentes de aseos e vestiarios do persoal e as augas de limpeza das instalacións serán canalizadas a través de tubaxes e canalizacións estancas ata o depósito inicial de tratamento do xurro para a súa xestión conxunta. As augas pluviais incorporaranse directamente ao medio e, para evitar a incorporación das augas de escorrentía de chuvia procedentes do exterior do recinto da explotación, instalaranse gabias perimétricas.